Ir al contenido principal

Entrevista a escritora María Xosé Porteiro

-Cales son os teus libros máis coñecidos?
Sempre me parece que son os máis recentes, pero xa en 1981 foron moi coñecidos o ensaio 'Quen é quen no primeiro parlamento galego? (Edicións Xerais), e a biografía 'Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas' (Ed. Akal). Como novelas, Covardes (Ir Indo, 2002) e Sándalo (Ed. Galaxia, 2019).

-Que xeneros literarios cultivas?
Diría que novela, pero teño algún ensaio tamén.

-So escribes en Galego?
Habitualmente si. 

-Outorgaronche algún premio literario algunha vez?
Non...

-Quen é teu ou túa referente na literatura?
Guillermo Cabrera Infante, 

-Nos teus libros podemos atopar vinculos de unión ou son creacións totalmente diferenciadas?
Son totalmente diferenciadas, tanto polo xénero como pola temática. Algunhas críticas apuntan a un fío condutor na perspectiva feminista.

-Que máis talentos teis a parte da escrita?
Hahahaha! que pregunta tan difícil! Teño facilidade para ensinar e adestrar a falar en público. De feito, ideei un método específico para mulleres que deu pe a innumerables cursos e a unha publicación que se editou en castelán: Vine, vi y ¡hablé! Las mujeres frente al discurso público (Ed. Auga, 2012).
 Boto de menos non ter formación musical porque de cando en vez me gusta cantar.

-Hai escritos para rato ou algunha vez pensache en xubilarte da literatura? 
Escribín tanto polo meu oficio como xornalista que a escritora estivo moito tempo nun segundo plano. Así e todo teño bastantes cousas publicadas pero, en varias ocasións, foron encargos. Teño moitas historias dentro que tentarei facer sair, seguramente como relatos ou novelas, e un par de libros de ensaio sobre feminismo. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Entrevista a Guido Álvarez Parga

En que proxectos colaboras na actualidade? Dende o mes de xaneiro estou integrado na Lug Open Factory (na rúa Pintor Corredoira), desenvolvendo un proxecto persoal relacionado co turismo. Alí colaboro ca xente do coworking, nas actividades do centro, no proxecto Atlantic Hubs, e sobre todo cos compañeiros da incubadora de ideas.  Para o mes de setembro teño tres propostas de traballo moi interesantes e agora estou en proceso de reflexión sobre que decidir. Como sabes, tamén colaboro en radio e en prensa escrita. En que xornais podemos lerte? Dende o 2013 en Galicia Confidencial, e dende este ano tamén en Lugo Xornal e no diario El Progreso. Tes algún blogue propio? Teño un sitio web persoal no que comparto os artigos que escribo para os xornais nos que colaboro, os programas de radio nos que participo, e en xeral todo tipo de reseñas sobre o meu traballo e proxectos nos que estou inmerso en cada momento. O enderezo é  www.guidoalvarezparga.com Como comezou o teu i...

(Entrevista ) Fundación Uxío Novoneyra

-A que se debe o nome da fundación? Debese ao gran poeta e escritor Uxío Novoneyra -E a que se dedica a fundación , cales son as suas funcios? Dinamizar o legado de Uxío e a súa casa museo. -Pero a parte diso sodes encargados doutras cousas ? Si, dos seus eidos , dos arquivos, a biblioteca e a pinacoteca. -Imaxino que a maior parte dos arquivos eran del? Si , como non -Pero tamén sodes moi importantes para o galego e a cultura galega , porqué  motivo? Realizamos proxectos de innovación da cultura galega. -E tamen no exterior? Si , tamén facemos un gran traballo para a internacionalización do galego e da súa cultura , xunto con coñecementos de Uxío e que transpasen as fronteiras nacionais e internacionais. -E realizades moitas actividades e programas? Si , temos unha programación de vangarda , sobre todo poética, cremos que a poesía e algo moi importante agora como tamén o era no seculo...

(Articulo) Para fiesta Galicia

Existe la creencia popular de que en Galicia no hay muchas fiestas , y esa creencia se puede desmontar muy facilmente. Galicia cuenta con 9000 fiestas al al año ,la primera o la segunda región con mas fiestas de toda España solo disputando con Andalucía, cada fiesta es un gran evento ya que las orquestas de galicia son las mas grandes de España , con los 10 escenarios de orquesta mas grandes de toda España y con unos presupuestos para fiestas que rondan los 30/30mil  euros por día. La industria de la verbena genera 3000 empleos y millones de euros al año , las orquestas mas famosas son: Panorama, El combo, olympus, Paris de noia, Kubo , Charleston , La formula y así se podría seguir un día entero. Muchas de estas fiestas son dedicadas a la comida, otras a los patrones de cada parroquia , en cada gran fiesta las calles se convierten en un gran parque de atracciones que puedes recorrer y no acabar nunca. Pero hay otra gran in...