Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

Entrevista a María Reimóndez

Como descubriche teu amor polas letras?  Imaxino que, como moita xente, lendo. A escrita sen lectura non ten sentido. Tamén escoitando historias, sobre todo por parte da miña familia paterna, que é da zona dos Ancares. -cales son os libros que escribiche cos que máis te identifícas?  Realmente non escribo libros para identificarme con eles. Resúltame complicado contestar a esta pregunta. Interésame contar historias que fagan pensar, que conmovan e que ofrezan espazos ao que polo de agora quedou nas marxes do canon literario. Dentro diso cada historia é un mundo e aínda que todas parten de min, procuro que as protagonistas -quitando os casos moi contados nos que escribín algo de tipo autobiográfico- teñan a súa propia vida e abofé que paso abondos traballos para que iso así sexa. Procuro ser moi minuciosa na creación das personaxes. -Algún novo proxecto en fase de creación?  Non me gusta moito falar de proxectos que aínda non están rematados pero acabo de publicar A formiga destemida en

A lenda do último día

Era un ano de secaño, as colleitas non foron adiante en todo o ano xa que, de xaneiro a decembro só chovera un día,o día de san xoan, e non foi unha choiva moi abundante. Ante aquela situación os gobernos non sabían que facer, non había auga, nin comida para os animais, que xa comezaran a morrer, o calor non se podía soportar, día tras día. Os prados, os montes e as arbores eran color amarillento, o color do deserto e da súa morte, as fontes xa facía meses que non tiñan auga e os ríos case non existían,incluso o Miño estaba nas últimas. Non podían soportalo máis e decidiron xuntarse máis de mil persoas de todos os concellos no Courel, levaban cada un un animal, e alí aquela noite os sacrificaron todos e votaron o sangue ao río máis cercano. Despois aquela noite todos voltaron as súas casas, esperando a que o milagre ocorrese. Esperaron un día, e outro, pasaron varios meses e chegou a noite de san xoan, coma todos os anos, fixeronse as cacharelas, en aldeas, en cidades e nas praias, p