Ir al contenido principal

Entrevista a María Reimóndez

Como descubriche teu amor polas letras? 
Imaxino que, como moita xente, lendo. A escrita sen lectura non ten sentido. Tamén escoitando historias, sobre todo por parte da miña familia paterna, que é da zona dos Ancares.
-cales son os libros que escribiche cos que máis te identifícas? 
Realmente non escribo libros para identificarme con eles. Resúltame complicado contestar a esta pregunta. Interésame contar historias que fagan pensar, que conmovan e que ofrezan espazos ao que polo de agora quedou nas marxes do canon literario. Dentro diso cada historia é un mundo e aínda que todas parten de min, procuro que as protagonistas -quitando os casos moi contados nos que escribín algo de tipo autobiográfico- teñan a súa propia vida e abofé que paso abondos traballos para que iso así sexa. Procuro ser moi minuciosa na creación das personaxes.
-Algún novo proxecto en fase de creación? 
Non me gusta moito falar de proxectos que aínda non están rematados pero acabo de publicar A formiga destemida en Xerais para público infantil, o ensaio A semente, a árbore e a froita, unha conversa con Ana Pontón que creo que é moi necesaria nos tempos que corren (tamén publicada en Xerais) e estou a piques de publicar un álbum con Alvarellos que se chama O meu avó e o queixo. Ademais da tradución dunha marabilla de álbum ilustrado con Litera que se chama Unha mamá é coma unha casa, que recomendo encarecidamente. 
-A parte de Traductora e escritora teis algúnha afición máis? 
Creo que estas dúas facetas que comentas (son tradutora e sobre todo intérprete, por certo!) son máis profesións ca afeccións. Tamén me dedico de xeito profesional, aínda que non remunerado, á cooperación con organizacións feministas de diversos países do sur e á investigación académica. Se cadra esta última actividade si pode considerarse unha afección algo estraña, mais o sistema académico é bastante perverso nese sentido porque non ofrece remuneración a aquelas persoas que non estamos contratadas por unha universidade mais que producimos coñecemento e publicamos en libros e monografías. Ao final acabámolo facendo como unha especie de activismo.
Imaxino que as miñas afeccións nun sentido máis convencional, ademais da lectura, son a calceta (case unha adicción!) e o deporte, en particular ultimamente o boxeo afeccionado.
-Quen de todos e todas as escritorxs da historia son teus exemplos a seguir? 
Son moi pouco mitómana e teño moi mala memoria para os nomes. A iso hai que engadirlle que leo moito e que non creo na monogamia en absolutamente nada, co cal sempre teño problema para contestar preguntas deste tipo porque creo que a lectura e a escrita, coma os afectos, teñen que incluír non só uns poucos exemplos senón unha base que nos axude a coñecernos mellor e explorar mellor quen somos e que mundo creamos. Nese sentido, interésame moito a escrita rebelde e adoito ler por sistema autoras que, accesibles nas diferentes linguas que falo, proveñen sobre todo de fóra do canon occidental. Polas miñas conexións humanas e de activismo leo moitas autoras de Támil Nadu, das Filipinas, do Caribe e de África Subsahariana. En Galicia de partida interésanme todas as autoras, sería máis doado enumerar aquelas que atopo insufribles, mais prefiro construír en positivo e animar a todo o mundo a que lea o que escribimos as mulleres e que cada cal atope os exemplos que lle parezan pertinentes. Por fortuna temos un sistema cunha diversidade de voces de mulleres abraiante para os atrancos que aínda temos para publicar, sobre todo certos xéneros, e para obter unha visibilidade do que facemos (e non falo aquí tanto de min mesma como do colectivo). Xa non falemos de poder estar no espazo público sen recibir permanentemente as violencias dun pequeno mais insistente grupo de energúmenos machistas acomplexados.
-Pensas xubilarte ou publicar ata o final? 
En xeral interésame o presente e ir construíndo o futuro cada día. Non penso nunca neste tipo de cuestións.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Una mariposa en tu camino

 Hoy os venimos a traer la historia de esta curiosa página en la que puedes encontrar todo tipo de joyas relacionadas con la naturaleza. Podeis encontrarla en @bolboretas.no.caminho en Instagram y ver como efectivamente son piezas únicas y elaboradas a mano. Su último complemento lo podéis ver, la mascarilla? No, la mascarilla no va incluída, pero si el enganche de la mascarilla personalizado. Este podría ser un anuncio de la teletienda, pero no lo es, es una iniciativa de una estudiante, que, en estos tiempos difíciles ha decidido innovar y llevar a cabo este proyecto para poder estudiar lo que desea. Son muchos los proyectos que realizan los estudiantes para ganar algo de dinero, pero este es 100% natural y totalmente concienciado y ambientado en la naturaleza y una atención durecta y cercana por parte de los administradores de la página.

Entrevista a la periodista Ángeles Cortina

-¿Cómo surgió el interés y el amor por tu trabajo? Fue la casualidad, elegí la carrera de periodismo para utilizarla de pasarela (quería estudiar criminología, y en aquel momento era de segundo ciclo) y finalmente me di cuenta de que me encantaba y se me daba bien. -¿Qué es lo mejor de tu trabajo? Estar en lugares en los que sin una cámara sería imposible acceder. -¿Qué personas tienes como referencia en tu trabajo? La verdad es que no tengo referentes a los que trate de parecerme; he aprendido mucho de todos los compañeros con los que he trabajado pero creo que soy un verso libre. - ¿Escribes, cantas, pintas o practicas algún tipo de arte? Me paso el día canturreando y soy muuuy creativa, pero no suelo dedicar tiempo a pintar o escribir. Lo que se me da FATAL es bailar, el día que repartieron el ritmo no me tocó nada. -Anécdotas curiosas/graciosas que te hayan pasado realizando tu trabajo. Esta pregunta es infinita, toodos los días nos dejan aventuras y anéc...

Entrevista a escritora Mercedes Queixas

Que ramas da cultura tocas ti? O meu traballo cultural céntrase na palabra literaria, ora como autora ora como Secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Intentache outras actividades culturais? Interésanme todas as manifestacións e expresións culturais como espectadora, como interlocutora, como destinataria, mais non cheguei a exercer ningunha. Como te decribirías? Unha traballadora da palabra de noso que acredita en que o ensino e a cultura son radicalmente transformadoras para o necesaro avance da sociedade. Que supón para tí Galicia? Un xeito propio e irrenunciábel de ser e estar no mundo. Como surxiu o teu interese polo que fas? A curiosidade ten un papel moi importante en todo o que facemos. O encontro con persoas referentes tamén. A miña vocación como docente naceu xa no instituto precisamente grazas a profesorado referente para min. Á literatura e á escrita tam...