Ir al contenido principal

A lenda do último día

Era un ano de secaño, as colleitas non foron adiante en todo o ano xa que, de xaneiro a decembro só chovera un día,o día de san xoan, e non foi unha choiva moi abundante. Ante aquela situación os gobernos non sabían que facer, non había auga, nin comida para os animais, que xa comezaran a morrer, o calor non se podía soportar, día tras día. Os prados, os montes e as arbores eran color amarillento, o color do deserto e da súa morte, as fontes xa facía meses que non tiñan auga e os ríos case non existían,incluso o Miño estaba nas últimas.

Non podían soportalo máis e decidiron xuntarse máis de mil persoas de todos os concellos no Courel, levaban cada un un animal, e alí aquela noite os sacrificaron todos e votaron o sangue ao río máis cercano. Despois aquela noite todos voltaron as súas casas, esperando a que o milagre ocorrese. Esperaron un día, e outro, pasaron varios meses e chegou a noite de san xoan, coma todos os anos, fixeronse as cacharelas, en aldeas, en cidades e nas praias, pero, era unha noite estrana.

O ambiente era moi pesado, e chegado un momento, viuse en varios recunchos da Galiza interior un home, moi mal vestido, cheo de farrapos. A súa cara non se lle vía ben, pero os seus ollos, eran vermellos, semellaban o lume das cacharelas, comezaron a pronunciar unhas oracións en voz baixa, imperceptibles ao oido humano. Ao acabaren de recitar aquelas oracións, comezaban a arder, sen explicación algunha.

Ese día non pasou nada máis, pero ao día seguinte, ocorreu, a choiva comezou a caer de forma torrencial, o vento comezou a soprar como se dun furacan se tratase e colleunos a todos por sorpresa. Pero non foi un día, así ocorreu, un día despois doutro, sen parar un só momento.

Máis un día parou, o día un de agosto, non despexou, pero, polo menos, non chovia. Aquel mes e medio causara unha devastación sen precedentes, centos de persoas morreran, pobos enteiros asolagados polos ríos e destruídos polo vento. Nada nacera porque debido a secura non había nada que parase a sedimentación e moita da terra dos montes foi parar aos ríos, tupindoos e facendo que sairan dos seus marxes, mentres nos montes só quedaban os rochedos.

A mesma noite do un de agosto, vianse longas fileiras de luces nos montes de Galicia, e moita xente se achegou para ver que era aquilo, todo viña precedido dunha neboa moi espesa, case irrespirable cun forte cheiro a sulfuro. E despois escoitabase un forte estrondo, como se dun desfile militar se tratase, e xa se comezaban a ver as luces.

Non podían dar credito do que alí vían, eran espectros blancos, que levaban cadaleitos enriba deles. Mentres pasaban quedaban mirando para nos, e despois proseguian o seu camiño. Dentro dos cadaleitos as figuras semellabanse a persoas mortas, pero, algúns identificabanse coas figuras brancas que levaban os cadaleitos, eran as xans decían os anciáns que moito sabían diso, os que leven os cadaleitos serán os primeiros en morrer, e os que se sitúen máis lonxe dos cadaleitos tardarán máis en morrer.

Aquilo pasou, e desapareceu sen deixar rastro, máis as persoas que se viron naquela procesión, non puideron durmir sabendo xa o destino que lles acadaba, ao facerse día o silencio era a regra xeral en todas as cidades e pobos, moitas persoas foron para a cama durmir, pero nunca máis espertaron. Os presaxios cumprironse, houbo decenas de miles de mortes, así un día despois doutro, ata que xa acabarán perecendo todas as persoas que ían naquelas procesións.

O tempo normalizouse e todo parecía normal, ata o día 1 de novembro, ese día algo se cocía na ría de vigo, só nesa ría había vento forte e unha ondaxe impresionante, e así votou todo o día. Máis ao chegar a media noite e as campás comezar a dar as doce, unha lus apareceu baixo da ría, unha neboa espesa cubriu esta e todas as rías. Mentres en toda Galiza marchou a luz, na costa de entre a neboa víase chegar barcos dende o atlántico profundo, pero eran barcos antigos.

No silencio das rías comezaron a soar cornos, como os que facían soar os vikingos, e dende alí comezaron a tirar flechas con lume cara a terra, pero que antes de caer en terra parecía que desaparecían, pero non era así, en realidade caían en centos de lugares da Galiza e eses territorios comezaban a arder, incluso se non había vexetación, o vento era forte e fornabanse verdadeiros fornos, que ían dende o interior cara a costa en todas as direccións, os barcos desapareceron esa noite, pero a neboa e o brillo da auga non.

Galicia estaba oculta baixo espesas columnas de fume, e nada deixaba traspasar a luz do sol, a auga parecía un acelerante e nada podía facer parar ese lume que en tres días arrasou a maioría do territorio sen deixar vida algunha, nin animais, nin vexetación nin case persoas. A luz seguía sen vir,non funcionaba nada electrónico e os vehículos non arrancaban.

Chegado un momento, o lume apagouse só, consumiuse a si mesmo e o fume esvaeceuse igual de rápido. Era 31 de decembro e todo seguía sen volver e nada podía saír de Galicia porque todo o que saía acababa morrendo. A iluminación da ría de vigo esa noite produciuse tamén en todas as demáis rías. Pero esta vez parecía que algo se acercaba a costa, subindo pouco a pouco.

No ceo comezaronse a sentir ruidos estranos, como se fose o ruído de campás, e do mar saíron unhas figuras estranas as que o brillo lles pertencía, arrastaban cadeados e tiñan un aspecto indescriptible coma se fosen cans, ese ser comezou a oubiar como se dun lobo se tratase, iso en cada ría. Nese intre produciuse a penumbra máis profunda, as luces e os cans desapareceron, ninguén vía nada, e ao falar non se escoitaban uns a outros, e varios minutos despois comezaron a quedar sen respiración. Comezaron a caer ao chan e eses cans comezaron a arrastralos cara o mar e deixandoos no fondo da ría.

Conta a lenda que se mergullas no fondo das rías galegas podes atopar os osos desas persoas, eses barcos afundidos e as figuras de cans que arrastaban cadeas, nos montes de Galiza e nos pobos podes atopar as procesións das xans e no courel podes atopar soterrados os coitelos cos que se sacrificaron os animais que desataron toda esa maldición, que se volvería a repetir cada 200 anos, o último ano foi no 1821

Comentarios

Entradas populares de este blog

(Entrevista ) Fundación Uxío Novoneyra

-A que se debe o nome da fundación? Debese ao gran poeta e escritor Uxío Novoneyra -E a que se dedica a fundación , cales son as suas funcios? Dinamizar o legado de Uxío e a súa casa museo. -Pero a parte diso sodes encargados doutras cousas ? Si, dos seus eidos , dos arquivos, a biblioteca e a pinacoteca. -Imaxino que a maior parte dos arquivos eran del? Si , como non -Pero tamén sodes moi importantes para o galego e a cultura galega , porqué  motivo? Realizamos proxectos de innovación da cultura galega. -E tamen no exterior? Si , tamén facemos un gran traballo para a internacionalización do galego e da súa cultura , xunto con coñecementos de Uxío e que transpasen as fronteiras nacionais e internacionais. -E realizades moitas actividades e programas? Si , temos unha programación de vangarda , sobre todo poética, cremos que a poesía e algo moi importante agora como tamén o era no seculo...

Entrevista ao grupo Odaiko

-Como se describe o estilo de música que facedes? Difícel de respostar, non temos un estilo definido, o que sí estamos todos dacordo en que é unha maneira de acercala a percusión á xente, algo que para todos nos é unha prioridade. -Creedes que lle chega ao público?  Definitivamente sí,  só hai que ver a resposta en cada concerto do público participando de forma activa e como nos transmiten a súa cercanía e simpatía o finalizar os mesmos.  -que cousas curiosas vos pasaron durante as vosas actuacións?  Olvidársenos instrumentos...  darnos a risa durante algunha actuación fruto da naturalidade e cercanía característica dos nosos espectáculos... que nos agasallasen algo... pero... hai momentos, que son verdadeiramente entrañables. Recientemente, en Guitiriz, contábannos como unha das canción de Camiño de volta, o noso espectáculo con Vanesa Muela, que fala sobre un muiñeiro, evocáballe ao recordo do seu avó a unha das nosas espectado...

Entrevista a escritora Mercedes Queixas

Que ramas da cultura tocas ti? O meu traballo cultural céntrase na palabra literaria, ora como autora ora como Secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Intentache outras actividades culturais? Interésanme todas as manifestacións e expresións culturais como espectadora, como interlocutora, como destinataria, mais non cheguei a exercer ningunha. Como te decribirías? Unha traballadora da palabra de noso que acredita en que o ensino e a cultura son radicalmente transformadoras para o necesaro avance da sociedade. Que supón para tí Galicia? Un xeito propio e irrenunciábel de ser e estar no mundo. Como surxiu o teu interese polo que fas? A curiosidade ten un papel moi importante en todo o que facemos. O encontro con persoas referentes tamén. A miña vocación como docente naceu xa no instituto precisamente grazas a profesorado referente para min. Á literatura e á escrita tam...