Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2019

Entrevista ao ilustrador Kiko dasilva

Como che surxiu a curiosidade pola ilustración? Persoalmente creo que todos temos dende cativos interese por debuxar, é só que algúns non deixamos de facelo. Eu dende neno sentín no acto de debuxar algo máxico, poder crear o que un quere só con imaxinalo.  Debuxar debería tomarse máis en serio na educación. É un dos sistemas de comprensión, memorización e análise  da realidade que máis se achega ao sistema de almacenamento de imaxes que usa o noso cerebro. Se debuxamos as cousas entendémolas e lembrámolas con moitísima máis precisión que se só a observas. Vivimos nun mundo cheo de imaxes, e non ensinamos á sociedade a traducilas e a comprendelas na súa totalidade. Niso estamos moi atrasados. A ilustración profesional descubrina a medida que ía aprendendo e facéndome profesinoal do medio. É un trballo moi estimulante, pero só é realmente válido para aquelas persoas que disfruten e lles apaixoe realmente o debuxo como para estar 10 ou 12 horas diarias debuxando e incluso ás veces tra

Entrevista A o leo de Matama

A túa actividade é ser cantante verdade? Si, é a principal, intentei ser actor e poeta pero diso xa fai moito tempo Todo o que cantas é composto por ti? As letras si, e molame moito traducir pezas coma ximnasio, e despois tamén fago per-versións Volverías tentar ser actor? Si, fai un tempo fixemos non saimos do lixo, a primeira webserie en galego e servidume tm, e agora estou facendo un proxecto cun colega, aos bluesmen o que nos move son as ansias de actuar, non distinguimos pezas Que supón crear esa primeira webserie? Unha epoca moi divertida na que fixen  colaboracións con DAS KAPITAL con Marcos Paino e Agit Pop Sintes que coas tuas letras axudas a sociedade? Polomenos dou batalla, teño seguidores de 4 anos que lle piden as suas nais que cando comeza o colexio lle coloquen os instrumentos como os teño colocados eu na monobanda, e iso merece moito a pena e é super emotivo Daste conta de que coas túas actuacións aislas ao público de seus problemas? Vaia, nunca o vira así, p

Entrevista a Polaca e Galega Wika

Donde naceche? Em Cracóvia, Polónia. Ata que idade votaches alí? Até os 24 anos. Como coñeceche o sitio onde vives? Cheguei a Compostela com uma bolsa de estudo. Porque decidiches vivir ahí? A verdade é que estava num ponto da minha vida em que uma vez acabado o curso universitário, tivem que procurar trabalho e ideias para o meu futuro. Como passei aqui 5 meses estudando e Compostela soubo-me a pouco, decidim voltar e arriscar. Permitim-me 3 meses de prova até encontrar algum trabalho. Não foi fácil e os meus primeiros trabalhos eram um pouco... lixo, mas resistim e fiquei até ter projetos mais sérios nas mãos. Que supón para ti o galego e Galicia? Agora mesmo Galiza é a minha segunda ou incluso já primeira casa. O galego é a língua na que falo com o meu marido, amigos, e agora um pouco também com o meu filho (ainda que com el tento falar polaco a maioria das vezes). Fago também algo de ativismo linguístico nas redes sociais porque acho que é importante combater a omnipresente men

Entrevista a escritora Mercedes Queixas

Que ramas da cultura tocas ti? O meu traballo cultural céntrase na palabra literaria, ora como autora ora como Secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Intentache outras actividades culturais? Interésanme todas as manifestacións e expresións culturais como espectadora, como interlocutora, como destinataria, mais non cheguei a exercer ningunha. Como te decribirías? Unha traballadora da palabra de noso que acredita en que o ensino e a cultura son radicalmente transformadoras para o necesaro avance da sociedade. Que supón para tí Galicia? Un xeito propio e irrenunciábel de ser e estar no mundo. Como surxiu o teu interese polo que fas? A curiosidade ten un papel moi importante en todo o que facemos. O encontro con persoas referentes tamén. A miña vocación como docente naceu xa no instituto precisamente grazas a profesorado referente para min. Á literatura e á escrita tamén cheguei por convite de persoas referentes que sempre me animaron a

Entrevista a poeta Carmen De Milmanda

-Como cres ti que colaboras coas nosas letras? -Mantendo acesa a lingua que os meus avós me ensinaron e coa que coñecín o mundo. E un dos meus xeitos de estar agora no mundo é escribilo. -Cantos poemas propios teis? -Moitos, e a lista non deixa de medrar conforme pasa o tempo. -Escribes novela ou nunca te propuxeches iso? -Por min escribiría ata debaixo da auga, e iso pode incluír novelas algún día.  -Como te ves en dez anos? -Agardo, á parte de máis vella, poder presumir de máis sabia. :) -Algún proxecto novo? -Cada día é un proxecto novo. -Que significa para ti o día de Galicia? -Galicia faise cada día, pero as persoas precisamos símbolos e referencias. -Como o vas celebrar? -Entre letras, escoitando o pregón da inauguración da Feira do Libro de Rianxo.

Entrevista a Xandre Organizador de Avante LGTB Galiza

Que é avante LGTBI? -Avante é unha organización formada por persoas LGBT+ que teñen inquietudes máis alá do marco de representación e visibilidade que buscan algunhas organizacións tradicionais. Nos buscamos a completa liberación do colectivo LGBT+, e comprendemos que non será posible sen darlle á nosa loita un enfoque anticapitalista, feminista e galeguista. Como chegache a ser o responsable de organización? En outubro do ano pasado realizouse en Compostela unha asemblea nacional á que asistiron membros de Avante de todas as localidades nas que estamos constituidas. Ao longo de todo un día de intensos debates definimos as liñas ideolóxicas e organizativas que seguiría Avante a partir dese momento. Ademais, co fin de funcionar de xeito máis eficiente a nivel nacional realizouse unha votación por listas abertas para escoller quen formase parte da Coordinadora Nacional. Nesa votación saímos escollidas 7 persoas, e máis tarde sumouse unha persoa extra por cada localidade a modo de repr

Entrevista ao grupo Odaiko

-Como se describe o estilo de música que facedes? Difícel de respostar, non temos un estilo definido, o que sí estamos todos dacordo en que é unha maneira de acercala a percusión á xente, algo que para todos nos é unha prioridade. -Creedes que lle chega ao público?  Definitivamente sí,  só hai que ver a resposta en cada concerto do público participando de forma activa e como nos transmiten a súa cercanía e simpatía o finalizar os mesmos.  -que cousas curiosas vos pasaron durante as vosas actuacións?  Olvidársenos instrumentos...  darnos a risa durante algunha actuación fruto da naturalidade e cercanía característica dos nosos espectáculos... que nos agasallasen algo... pero... hai momentos, que son verdadeiramente entrañables. Recientemente, en Guitiriz, contábannos como unha das canción de Camiño de volta, o noso espectáculo con Vanesa Muela, que fala sobre un muiñeiro, evocáballe ao recordo do seu avó a unha das nosas espectadoras... cousas como esta emoci

Entrevista a Guido Álvarez Parga

En que proxectos colaboras na actualidade? Dende o mes de xaneiro estou integrado na Lug Open Factory (na rúa Pintor Corredoira), desenvolvendo un proxecto persoal relacionado co turismo. Alí colaboro ca xente do coworking, nas actividades do centro, no proxecto Atlantic Hubs, e sobre todo cos compañeiros da incubadora de ideas.  Para o mes de setembro teño tres propostas de traballo moi interesantes e agora estou en proceso de reflexión sobre que decidir. Como sabes, tamén colaboro en radio e en prensa escrita. En que xornais podemos lerte? Dende o 2013 en Galicia Confidencial, e dende este ano tamén en Lugo Xornal e no diario El Progreso. Tes algún blogue propio? Teño un sitio web persoal no que comparto os artigos que escribo para os xornais nos que colaboro, os programas de radio nos que participo, e en xeral todo tipo de reseñas sobre o meu traballo e proxectos nos que estou inmerso en cada momento. O enderezo é  www.guidoalvarezparga.com Como comezou o teu interese p

Entrevista a María Oruña

Cal é o campo da cultura ao que te dedicas? A literatura é o compo principal no que me desenvolvo Como naceu o teu interese por iso? Teño interese pola escrita dende que eu era moi pequena Cales son teus proxectos mais importantes? Escribir boas historias, non hai mellores nin peores Cales son os teus futuros proxectos? Os mesmos, escribir boas historias como levo feito ata agora mesmo como che dixen agora  Queda ainda moita María por diante? Espero que sí polo meu ben e para poder seguir creando Como te ves en cinco años? Escribindo historias como ate agora Que opinas desta sociedade? Unha pregunta tan xeral precisa dunha resposta amplísima. En dúas palabras, precisa mellorar.  Como te defines? Nada define millor a un escritor que os seus libros e ahí poderedes atopar o que me define a min

Entrevista a Antonio Barros

-Como decidiche empezar túa carreira músical e como a empezaches? Decidín empezar polo que considero unha das fontes de cultura e de tradición máis grande que temos en Galicia: A verbena. Dende moi pequeno sempre fun feliz na festa e que mellor que vivir facendo o que máis che gusta, e na terra. Así comecei no ano 2008. -cal foi o paso mais grande que deche nela? Sen ningunha dúbida un dos pasos máis grandes que dín foi arriscar todo para poder participar en Luar. Algo do que non me arrepinto en absoluto e que estou convencido que foi unha das mellores decisión da miña vida. -a parte de luar , actuache nalgún outro programa? Esporádicamente en Bamboleo, no Aquí Galicia e no desaparecido A toda Salsa. -en que agrupacións estiveche a parte de Kubo? Empecei nos Trovadores da Coruña no ano 2008. Estiven 5 temporadas coa orquesta Miramar. No 2016 formei parte da desaparecida orquesta Stelares. -fas algo a parte de actuar ? Son copropietario de EmocionArte, Escola de Artistas. E nes

Entrevista son da rúa

Canto tempo levades na escena músical?  Pois comezamos a dar concertos xuntos fai case tres anos aprox, mais como grupo (SonDaRúa) levamos un pouquiño máis de dous anos. -Algún cambio importante dende os vosos inicios? Cremos que principalmente o que mudou dende os nosos comezos, é que estamos tratando de ir mellorando pouco a pouco na calidade e a profesionalidade do que facemos, xa sexa a nível de gravacións, audiovisual, etc... e tamén consideramos que a día de hoxe temos un directo moi potente que nos respalda. -que vos di o público da música que facedes? En termos xerais que se sinten representados co que dicimos nas nosas letras, e que valoran moito a música que facemos, tamén hai algún que outro hater que nos da forzas á súa forma (jeje) -notades que o público vos sinte cercanos a eles? Cremos que sí, en cada concerto tentamos conectar coa xente de forma que sintan que somos simplemente tres (non dous, que se enfada o DJ xd) colgados facendo música, mais cando baixamos