Ir al contenido principal

Entrevista a Xandre Organizador de Avante LGTB Galiza

Que é avante LGTBI?

-Avante é unha organización formada por persoas LGBT+ que teñen inquietudes máis alá do marco de representación e visibilidade que buscan algunhas organizacións tradicionais. Nos buscamos a completa liberación do colectivo LGBT+, e comprendemos que non será posible sen darlle á nosa loita un enfoque anticapitalista, feminista e galeguista.

Como chegache a ser o responsable de organización?

En outubro do ano pasado realizouse en Compostela unha asemblea nacional á que asistiron membros de Avante de todas as localidades nas que estamos constituidas. Ao longo de todo un día de intensos debates definimos as liñas ideolóxicas e organizativas que seguiría Avante a partir dese momento. Ademais, co fin de funcionar de xeito máis eficiente a nivel nacional realizouse unha votación por listas abertas para escoller quen formase parte da Coordinadora Nacional. Nesa votación saímos escollidas 7 persoas, e máis tarde sumouse unha persoa extra por cada localidade a modo de representante local na Coordinadora. Para repartir o traballo, na primeira reunión da Coordinadora Nacional repartironse distintas responsabilidades (de comunicación, institucional, de deseños, de organización, etc.) en base á experiencia de cada membro da coordinadora. Eu xa levaba dende facía meses ocupandome de xestionar as bases de datos da organización e coordinando as distintas localidades entre sí, así que decidimos que o óptimo sería que asumise a responsabilidade de organización e continuase a facer ese traballo.

Que é BDSGaliza?
BDS é o acrónimo de "Boicote, desinvestimentos e sancións". É o nome dunha organización que loita polos dereitos do pobo palestiniano. Esta organización xorde dunha petición das propias palestinianas que lanzaron a todo o mundo, pedindo que quen puidese se organizase de xeito autónomo para pedir boicotes contra o goberno de Israel ata que rematase a ocupación e os agravios contra os dereitos humanos do pobo palestiniano. Deste xeito existen BDS en moitas nacións do mundo, cooperando entre sí, máis funcionando de xeito autosuficiente.

Como ves o futuro do colectivo LGTBIQ+ en Galiza?
Están a xurdir moitas iniciativas interesantes que sumadas a outros colectivos históricos que están a recuperar forzas deixa entrever un importante fortalecemento do colectivo LGBT+ galego que loita polos seus dereitos. A medio prazo vexo no horizonte a necesidade de coordinarnos todas as que estamos a loitar por uns obxectivos comúns formando algunha especie de plataforma LGBT+ galega. Agora que se achegan unhas novas eleccións autonómicas pode ser o momento de pular para conseguir a aprovación dunha lei de identidade de xénero galega, lei que tumbou o PP cando fora proposta, así como tamén debemos dotar de contido real a lei 2/2014, que mutilada como está non deixa de ser unha simple declaración de intencións.

Como ves a situación do pobo palestino en dez anos?
a verdade é que é unha pregunta moi complexa e non che sabería dar unha boa resposta agora mesmo, porque a situación neste momento é moi volatil e muda duns meses pra outros. O que teño claro é que a presión internacional contra o apartheid que sofre o pobo palestiniano é imprescindible para que a situación mellore

Crees que esta sociedade ten solución?

A solución aínda está moi lonxe e virá de man dunha mudanza da correlación de forzas entre países a nivel internacional. Mentres dure a hexemonía de Estados Unidos e o seu interese polo petroleo de Oriente Medio seguirá a manter protexido e ben armado o goberno de Israel e será imposible reverter a ocupación e devolverlle as súas terras ás palestinianas. Mentres iso non ocorra o que podemos e debemos facer é loitar para que as vidas das palestinianas sexan máis vivibles. Para que os asasinatos e privacións de liberdade e dereitos básicos que sofren cesen é moi importante que Israel non sexa impune, e facendo boicote aos seus produtos, boicote académico, e presionando aos nosos gobernos para que lles impoñan sancións, podemos mellorar a situación.

Que é para ti o día de Galicia?

para min "día de Galicia" é un termo totalmente despolitizado e baleirado de contido. O 25 de xullo é o día da patria galega, o día escollido polas irmandades da fala fai 100 anos para sair ás rúas a reivindicar os dereitos nacionais do pobo galego. O dereito a dirixir nos mesmas o noso futuro, xestionar os nosos recursos, e poder vivir libremente na nosa lingua e coa nosa cultura. Unha xornada de reivindicación e loita que segue a ser profundamente necesaria.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Una mariposa en tu camino

 Hoy os venimos a traer la historia de esta curiosa página en la que puedes encontrar todo tipo de joyas relacionadas con la naturaleza. Podeis encontrarla en @bolboretas.no.caminho en Instagram y ver como efectivamente son piezas únicas y elaboradas a mano. Su último complemento lo podéis ver, la mascarilla? No, la mascarilla no va incluída, pero si el enganche de la mascarilla personalizado. Este podría ser un anuncio de la teletienda, pero no lo es, es una iniciativa de una estudiante, que, en estos tiempos difíciles ha decidido innovar y llevar a cabo este proyecto para poder estudiar lo que desea. Son muchos los proyectos que realizan los estudiantes para ganar algo de dinero, pero este es 100% natural y totalmente concienciado y ambientado en la naturaleza y una atención durecta y cercana por parte de los administradores de la página.

Entrevista a escritora Mercedes Queixas

Que ramas da cultura tocas ti? O meu traballo cultural céntrase na palabra literaria, ora como autora ora como Secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Intentache outras actividades culturais? Interésanme todas as manifestacións e expresións culturais como espectadora, como interlocutora, como destinataria, mais non cheguei a exercer ningunha. Como te decribirías? Unha traballadora da palabra de noso que acredita en que o ensino e a cultura son radicalmente transformadoras para o necesaro avance da sociedade. Que supón para tí Galicia? Un xeito propio e irrenunciábel de ser e estar no mundo. Como surxiu o teu interese polo que fas? A curiosidade ten un papel moi importante en todo o que facemos. O encontro con persoas referentes tamén. A miña vocación como docente naceu xa no instituto precisamente grazas a profesorado referente para min. Á literatura e á escrita tamén cheguei por convite de persoas referentes que sempre m...

Entrevista a la periodista Ángeles Cortina

-¿Cómo surgió el interés y el amor por tu trabajo? Fue la casualidad, elegí la carrera de periodismo para utilizarla de pasarela (quería estudiar criminología, y en aquel momento era de segundo ciclo) y finalmente me di cuenta de que me encantaba y se me daba bien. -¿Qué es lo mejor de tu trabajo? Estar en lugares en los que sin una cámara sería imposible acceder. -¿Qué personas tienes como referencia en tu trabajo? La verdad es que no tengo referentes a los que trate de parecerme; he aprendido mucho de todos los compañeros con los que he trabajado pero creo que soy un verso libre. - ¿Escribes, cantas, pintas o practicas algún tipo de arte? Me paso el día canturreando y soy muuuy creativa, pero no suelo dedicar tiempo a pintar o escribir. Lo que se me da FATAL es bailar, el día que repartieron el ritmo no me tocó nada. -Anécdotas curiosas/graciosas que te hayan pasado realizando tu trabajo. Esta pregunta es infinita, toodos los días nos dejan aven...