Que ramas da cultura tocas ti?
O meu traballo cultural céntrase na palabra literaria, ora como autora ora como Secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Intentache outras actividades culturais?
Interésanme todas as manifestacións e expresións culturais como espectadora, como interlocutora, como destinataria, mais non cheguei a exercer ningunha.
Como te decribirías?
Unha traballadora da palabra de noso que acredita en que o ensino e a cultura son radicalmente transformadoras para o necesaro avance da sociedade.
Que supón para tí Galicia?
Un xeito propio e irrenunciábel de ser e estar no mundo.
Como surxiu o teu interese polo que fas?
A curiosidade ten un papel moi importante en todo o que facemos. O encontro con persoas referentes tamén. A miña vocación como docente naceu xa no instituto precisamente grazas a profesorado referente para min. Á literatura e á escrita tamén cheguei por convite de persoas referentes que sempre me animaron a superar as miñas inseguridades.
Algún novo proxecto en mente?
Nesta altura comeza a campaña de presentacións do último libro que asino en coautoría co poeta Xoan Carlos Domínguez Alberte, publicado por Edicións Laiovento, un poemario que naceu, sen prevelo inicialmente, ao longo dunha conversa de varios anos que fomos mantendo os dous a través do correo electrónico e que quere ser lembranza do joc partit das nosas cantigas medievais.
En mente e en gabetas e arquivos sempre hai proxectos, mais dos que, por pudor, nunca gusto de falar até que están ben concretos e avanzados.
Cal foi teu proxecto mais destacado?
O máis destacado para min a nivel persoal e creativo foron dous. O primeiro, a biografía da poeta viguesa María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, Vivir, aventura irepetíbel, que escribín a partir de múltiples conversas con ela propia e viu a luz na editorial Galaxia. O segundo, o relato infantil Xanda, a landra que quería voar, editado en Urco, que me permitiu partillar ilusións e soños de novo co público infan
Comentarios
Publicar un comentario