Ir al contenido principal

Entrevista a poeta Carmen De Milmanda

-Como cres ti que colaboras coas nosas letras?

-Mantendo acesa a lingua que os meus avós me ensinaron e coa que coñecín o mundo. E un dos meus xeitos de estar agora no mundo é escribilo.

-Cantos poemas propios teis?

-Moitos, e a lista non deixa de medrar conforme pasa o tempo.

-Escribes novela ou nunca te propuxeches iso?

-Por min escribiría ata debaixo da auga, e iso pode incluír novelas algún día. 

-Como te ves en dez anos?

-Agardo, á parte de máis vella, poder presumir de máis sabia. :)

-Algún proxecto novo?

-Cada día é un proxecto novo.

-Que significa para ti o día de Galicia?

-Galicia faise cada día, pero as persoas precisamos símbolos e referencias.

-Como o vas celebrar?

-Entre letras, escoitando o pregón da inauguración da Feira do Libro de Rianxo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

(Entrevista ) Fundación Uxío Novoneyra

-A que se debe o nome da fundación? Debese ao gran poeta e escritor Uxío Novoneyra -E a que se dedica a fundación , cales son as suas funcios? Dinamizar o legado de Uxío e a súa casa museo. -Pero a parte diso sodes encargados doutras cousas ? Si, dos seus eidos , dos arquivos, a biblioteca e a pinacoteca. -Imaxino que a maior parte dos arquivos eran del? Si , como non -Pero tamén sodes moi importantes para o galego e a cultura galega , porqué  motivo? Realizamos proxectos de innovación da cultura galega. -E tamen no exterior? Si , tamén facemos un gran traballo para a internacionalización do galego e da súa cultura , xunto con coñecementos de Uxío e que transpasen as fronteiras nacionais e internacionais. -E realizades moitas actividades e programas? Si , temos unha programación de vangarda , sobre todo poética, cremos que a poesía e algo moi importante agora como tamén o era no seculo pasado e nos anteriores. -Cal é o voso rádio de acción mais cercano e no que mais actua

Entrevista a Xandre Organizador de Avante LGTB Galiza

Que é avante LGTBI? -Avante é unha organización formada por persoas LGBT+ que teñen inquietudes máis alá do marco de representación e visibilidade que buscan algunhas organizacións tradicionais. Nos buscamos a completa liberación do colectivo LGBT+, e comprendemos que non será posible sen darlle á nosa loita un enfoque anticapitalista, feminista e galeguista. Como chegache a ser o responsable de organización? En outubro do ano pasado realizouse en Compostela unha asemblea nacional á que asistiron membros de Avante de todas as localidades nas que estamos constituidas. Ao longo de todo un día de intensos debates definimos as liñas ideolóxicas e organizativas que seguiría Avante a partir dese momento. Ademais, co fin de funcionar de xeito máis eficiente a nivel nacional realizouse unha votación por listas abertas para escoller quen formase parte da Coordinadora Nacional. Nesa votación saímos escollidas 7 persoas, e máis tarde sumouse unha persoa extra por cada localidade a modo de repr

Entrevista ao ilustrador Kiko dasilva

Como che surxiu a curiosidade pola ilustración? Persoalmente creo que todos temos dende cativos interese por debuxar, é só que algúns non deixamos de facelo. Eu dende neno sentín no acto de debuxar algo máxico, poder crear o que un quere só con imaxinalo.  Debuxar debería tomarse máis en serio na educación. É un dos sistemas de comprensión, memorización e análise  da realidade que máis se achega ao sistema de almacenamento de imaxes que usa o noso cerebro. Se debuxamos as cousas entendémolas e lembrámolas con moitísima máis precisión que se só a observas. Vivimos nun mundo cheo de imaxes, e non ensinamos á sociedade a traducilas e a comprendelas na súa totalidade. Niso estamos moi atrasados. A ilustración profesional descubrina a medida que ía aprendendo e facéndome profesinoal do medio. É un trballo moi estimulante, pero só é realmente válido para aquelas persoas que disfruten e lles apaixoe realmente o debuxo como para estar 10 ou 12 horas diarias debuxando e incluso ás veces tra