Ir al contenido principal

Entrevista ao ilustrador Kiko dasilva

Como che surxiu a curiosidade pola ilustración?

Persoalmente creo que todos temos dende cativos interese por debuxar, é só que algúns non deixamos de facelo. Eu dende neno sentín no acto de debuxar algo máxico, poder crear o que un quere só con imaxinalo. 

Debuxar debería tomarse máis en serio na educación. É un dos sistemas de comprensión, memorización e análise  da realidade que máis se achega ao sistema de almacenamento de imaxes que usa o noso cerebro. Se debuxamos as cousas entendémolas e lembrámolas con moitísima máis precisión que se só a observas.

Vivimos nun mundo cheo de imaxes, e non ensinamos á sociedade a traducilas e a comprendelas na súa totalidade. Niso estamos moi atrasados.

A ilustración profesional descubrina a medida que ía aprendendo e facéndome profesinoal do medio. É un trballo moi estimulante, pero só é realmente válido para aquelas persoas que disfruten e lles apaixoe realmente o debuxo como para estar 10 ou 12 horas diarias debuxando e incluso ás veces traballando de luns a luns. É un oficio moi vocacional, iso sí ao igual ca música pódese aprender para ter unha destreza plástica, ou pasar un rato entretido.

Como ves o futuro da tua profesión?

É unha profesión creativa así que aínda é das poucas que ten futuro. Estase xa a falar da perda de empregos e a desaparición de oficios por mor da evolución da intelixencia artificial, tanto que ata se está a falar na UE de que os robots paguen impostos para financiar á Seguridade Social e coticen.

Os traballos con máis creatividade serán aqueles que prevalezan, e por sorte o meu é un deles. 

Eu persoalmente estou convencido de que as cousas irán cada vez a mellor. Pola miña banda levo dende o ano 2001 concienciado en que para mudar a situación actual da bd non hai que laiarse polas esquinas, hai que coller a iniciativa e arriscar. Todas as cousas que fixen durante estos últimos 20 anos fíxenas porque son unha persoa que me queixo pouco, prefiro gastar esa enerxía en intentar mudar as eivas da miña profesión. 

Fíxeno no seu momento fundando Bd banda, arriscando despois co a revista homónima a editorial que acabou editando As serpes cegas e recibindo o Premio Nacional de cómic, a colección de Faktoría K de libros, a Revista Retranca, a creación de O Garaxe Hermético ou a  nova revista A viñeta de Schrödinger. De feito estou te enumerando estas cousas e doume conta que moitos destos proxecto foron parte do cambio. A bd galega actual está moito mellor ca cando eu comecei nisto, que era un erial. Dicía Torreio naqueles tempos que estabamos na Prehistoria da BD galega, agora digamos xa pasamos polo medievo e estamos achegándonos  a época da revolución. 

Hai máis autores/as que nunca, edítanse cómics sen ser libros institucionais ou Historias  de Galiza, que era o único que había hai anos. E comeza a agromar unha xeración de futuros autores/as que xa reciben formación específica e saben cales son os problemas do noso traballo. Ademáis estou a conseguir que as editoras tradicionais (Xerais e Galaxia) mostren interese comercial pola bd, é un camiño lento pero a insistencia xa está dando os seus froitos. E só che estou falando das cousas que puxen eu en marcha, hai moita máis xente e máis proxectos en marcha que fan que esto non sexa for dun día. Está claro que a BD Galega chegou para quedarse.

Como de importante é disfrutar ilustrando para ti?

Non concibo debuxar sen o placer de debuxar. É unha profesión que tes que facer a gusto. O lector nota cando estás facendo algo sen ganas. De feito querer facer as cousas ben é a parte da profesión que máis autoesixencia xenera, pero non debe nunca eclipsar o placer e o divertimento que un ten cando debuxa.


Que supón para ti o día de Galicia? 

É unha data importante, esta celebración xurdiu a raíz dunha reunión organizada por un grupo cultural e político de carácter nacionalista en 1920. Foi prohibida durante a Dictadura ata que no ano 1979 estableceuse coma festa oficial de Galicia... e resulta que eu nacín ese mesmo ano. 

Como o vas celebrar?

Pois voltando á publicar en prensa tras 6 anos dende que deixei LA VOZ DE GALICIA, coa miña nova sección diaria de Humor gráfico en  galego “ A Silveira de Kiko da Silva” en EL CORREO GALLEGO.

Cales son os teus traballos mais coñecidos e en que traballas na actualidade?

Supoño que aos cativos da casa soaralles os meus libros Cando Martiño quixo mexar na noite de Reis, Moncho e a manda ou Que contan as ovellas para durmir? Ou as banda deseñadas de FIZ o neno máis porco do mundo o APRENDE BANDA DESEÑADA con FIZ.

Mentres que aos adultos seránlle máis coñecidos os meus traballos en prensa (La Voz de Galicia e actualmente a miña sección A SILVEIRA en EL CORREO GALLEGO), as miñas colaboracións en EL JUEVES ou a Revista Retranca. No eido da Banda deseñada O INFERNO DO DEBUXANTE unha bd sobre o plaxio coa que gañei o Premio CASTELAO de BD no 2014 ou A VIÑETA DE SCHRÖDINGUER a revista de banda deseñda galega editada por A MESA e a AS-PG que dirixo e na que fago unha serie chamada ARQUIVOS PARANORMAIS.

Respecto aos proxectos que teño actualmente enrriba do tabloeiro...  verás actualmente sincronizo o meu condensador de Fluzo para poder dar clases todos os días e dirixir O GARAXE HERMÉTICO, facer unha viñeta diaria de luns a luns para EL CORREO GALLEGO, e rematar os meus tres próximos libros, OS BERROS DA MOTOCICLETA con guión meu e debuxado polo meu exalumno Pablo Prado para O Concello de Pontevedra e ALMA GALEGA, Castelao unha bd que adapta varios relatos literarios do célebre rianxeiro e que publicará Galaxia.  pero sobre todo, adícolle o máixomo tempo que podo a rematar as 40 páxinas que me faltan da miña novela gráfica BAIXO A SOMBRA DAS PREDRAS FLOTANTES, sen dúbida o libro que máis enerxía ilusión e horas lle estou adiacando. 

Ten que ver con pedras estrañas de todo o mundo, da miña terra, de Galicia, de Portugal, algunhas tamén de Asturias, de Alemaña, que estiven visitando hai un par de meses ou de Nova Zelandia. Son pedras estrañas localizadas en diferentes partes do mundo ás que se lles atribúen lendas e poderes máxicos, e a partir delas conto unha historia que ten parte da realidade e parte da ficción. Xogo a enganar ao lector. A miña intención é que este libro, cando a xente acabe de lelo, dea conta da cantidade de cousas máxicas que temos no mundo e que non somos conscientes delas porque non paramos de observalas.

O libro, terá unha banda sonora, entre os moitos "ovos de Pascua" (mensaxes, gráficos ou efectos sonoros) que conterá en complicidade co lector. Por iso a complexidade do libro, é por iso que levo case dez anos con el, dos cales dous e medio estiben escribindo o guión.



Como te ves en cinco anos?

Non sei, se cadra podemos usar a FACEAPP esa e ver que tal envellezco. Ha, Ha, Ha.

Debuxando e fancendo BD sen ningunha dúbida!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

(Entrevista ) Fundación Uxío Novoneyra

-A que se debe o nome da fundación? Debese ao gran poeta e escritor Uxío Novoneyra -E a que se dedica a fundación , cales son as suas funcios? Dinamizar o legado de Uxío e a súa casa museo. -Pero a parte diso sodes encargados doutras cousas ? Si, dos seus eidos , dos arquivos, a biblioteca e a pinacoteca. -Imaxino que a maior parte dos arquivos eran del? Si , como non -Pero tamén sodes moi importantes para o galego e a cultura galega , porqué  motivo? Realizamos proxectos de innovación da cultura galega. -E tamen no exterior? Si , tamén facemos un gran traballo para a internacionalización do galego e da súa cultura , xunto con coñecementos de Uxío e que transpasen as fronteiras nacionais e internacionais. -E realizades moitas actividades e programas? Si , temos unha programación de vangarda , sobre todo poética, cremos que a poesía e algo moi importante agora como tamén o era no seculo...

(Articulo) Para fiesta Galicia

Existe la creencia popular de que en Galicia no hay muchas fiestas , y esa creencia se puede desmontar muy facilmente. Galicia cuenta con 9000 fiestas al al año ,la primera o la segunda región con mas fiestas de toda España solo disputando con Andalucía, cada fiesta es un gran evento ya que las orquestas de galicia son las mas grandes de España , con los 10 escenarios de orquesta mas grandes de toda España y con unos presupuestos para fiestas que rondan los 30/30mil  euros por día. La industria de la verbena genera 3000 empleos y millones de euros al año , las orquestas mas famosas son: Panorama, El combo, olympus, Paris de noia, Kubo , Charleston , La formula y así se podría seguir un día entero. Muchas de estas fiestas son dedicadas a la comida, otras a los patrones de cada parroquia , en cada gran fiesta las calles se convierten en un gran parque de atracciones que puedes recorrer y no acabar nunca. Pero hay otra gran in...

Entrevista a Xandre Organizador de Avante LGTB Galiza

Que é avante LGTBI? -Avante é unha organización formada por persoas LGBT+ que teñen inquietudes máis alá do marco de representación e visibilidade que buscan algunhas organizacións tradicionais. Nos buscamos a completa liberación do colectivo LGBT+, e comprendemos que non será posible sen darlle á nosa loita un enfoque anticapitalista, feminista e galeguista. Como chegache a ser o responsable de organización? En outubro do ano pasado realizouse en Compostela unha asemblea nacional á que asistiron membros de Avante de todas as localidades nas que estamos constituidas. Ao longo de todo un día de intensos debates definimos as liñas ideolóxicas e organizativas que seguiría Avante a partir dese momento. Ademais, co fin de funcionar de xeito máis eficiente a nivel nacional realizouse unha votación por listas abertas para escoller quen formase parte da Coordinadora Nacional. Nesa votación sa...