Como descubriche teu amor polas letras? Imaxino que, como moita xente, lendo. A escrita sen lectura non ten sentido. Tamén escoitando historias, sobre todo por parte da miña familia paterna, que é da zona dos Ancares. -cales son os libros que escribiche cos que máis te identifícas? Realmente non escribo libros para identificarme con eles. Resúltame complicado contestar a esta pregunta. Interésame contar historias que fagan pensar, que conmovan e que ofrezan espazos ao que polo de agora quedou nas marxes do canon literario. Dentro diso cada historia é un mundo e aínda que todas parten de min, procuro que as protagonistas -quitando os casos moi contados nos que escribín algo de tipo autobiográfico- teñan a súa propia vida e abofé que paso abondos traballos para que iso así sexa. Procuro ser moi minuciosa na creación das personaxes. -Algún novo proxecto en fase de creación? Non me gusta moito falar de proxectos que aínda non están rematados pero acabo de publicar A formig...
La curiosidad hace que surjan grandes proyectos y así nació este blog.