Ir al contenido principal

Un soño é máis que iso

Chamome Sara, vivo no norte de Lugo, na conarca da Mariña, unha terra fermosa, verde e inspiradora. Coma Irlanda, pero máis ao sul. Aquí vivo ben acompañada, coa miña parella e o meu coelliño Tambor. Sei que nun futuro, sen dubida, seguirei aquí, vivindo sexa como sexa, por moi complicada que me poñan a vida.

Os días son paz, vou aos verdes montes, e escoito o que din as arbores, o seu siseo, movidas polo vento, os esquíos, as pombas, en definitiva, un paisaxe idílico e tranquilizador no que poder durmir mellor que en calquera cama.

A primeira vez que conseguín ver, foi aquí, na praia, en Lugo, ata os 13 anos era case cega, non podía ver, pero grazas a moita axuda de moitas persoas a duns médicos incribeis logrei ver. Antes só imaxinaba, o mar, como ule, ule a tranquilidade, a vida, e soa, soa a deuses e vikingos, se escoitas ben, xuraría que ata os podes escoitar.

Pois naquel momento, un 27 de abril, sacaronme aquela venda, que para min eran cadeas que prendían a miña alma e vin, cores e alegría. Estaba nubrado, e caía unha mormalleira, o que calquera diría que era un día feo. Pero non é feo, algo só é feo para os ollos que non saben ver, para aqueles, que se aborrecen de ver sempre o mesmo.

Eu non, eu hoxe, 10 anos despois, sigo indo a aquela praia, cada día, chova ou vente. Din que unha persoa debe namorarse doutra, pero sabedes que? Eu namoreime da miña terra, de Galiza, da terra dos meus devanceiros. E cando paso un só día fora, sei o que é ter morriña, co corazón encollido e coa Galiza na mente só quero volver, porque Galicia é miña terra, terra na que ei morrer.  

Comentarios

  1. Que fermosura!!!
    Grazas por este texto: como xa che dixen por Twitter, nunca antes me tocara nada e mira ti por onde, que ilusión me fixo!
    Grazas!

    Bicos de (s/f)estas

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

(Entrevista ) Fundación Uxío Novoneyra

-A que se debe o nome da fundación? Debese ao gran poeta e escritor Uxío Novoneyra -E a que se dedica a fundación , cales son as suas funcios? Dinamizar o legado de Uxío e a súa casa museo. -Pero a parte diso sodes encargados doutras cousas ? Si, dos seus eidos , dos arquivos, a biblioteca e a pinacoteca. -Imaxino que a maior parte dos arquivos eran del? Si , como non -Pero tamén sodes moi importantes para o galego e a cultura galega , porqué  motivo? Realizamos proxectos de innovación da cultura galega. -E tamen no exterior? Si , tamén facemos un gran traballo para a internacionalización do galego e da súa cultura , xunto con coñecementos de Uxío e que transpasen as fronteiras nacionais e internacionais. -E realizades moitas actividades e programas? Si , temos unha programación de vangarda , sobre todo poética, cremos que a poesía e algo moi importante agora como tamén o era no seculo...

Entrevista ao grupo Odaiko

-Como se describe o estilo de música que facedes? Difícel de respostar, non temos un estilo definido, o que sí estamos todos dacordo en que é unha maneira de acercala a percusión á xente, algo que para todos nos é unha prioridade. -Creedes que lle chega ao público?  Definitivamente sí,  só hai que ver a resposta en cada concerto do público participando de forma activa e como nos transmiten a súa cercanía e simpatía o finalizar os mesmos.  -que cousas curiosas vos pasaron durante as vosas actuacións?  Olvidársenos instrumentos...  darnos a risa durante algunha actuación fruto da naturalidade e cercanía característica dos nosos espectáculos... que nos agasallasen algo... pero... hai momentos, que son verdadeiramente entrañables. Recientemente, en Guitiriz, contábannos como unha das canción de Camiño de volta, o noso espectáculo con Vanesa Muela, que fala sobre un muiñeiro, evocáballe ao recordo do seu avó a unha das nosas espectado...

Entrevista a escritora Mercedes Queixas

Que ramas da cultura tocas ti? O meu traballo cultural céntrase na palabra literaria, ora como autora ora como Secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Intentache outras actividades culturais? Interésanme todas as manifestacións e expresións culturais como espectadora, como interlocutora, como destinataria, mais non cheguei a exercer ningunha. Como te decribirías? Unha traballadora da palabra de noso que acredita en que o ensino e a cultura son radicalmente transformadoras para o necesaro avance da sociedade. Que supón para tí Galicia? Un xeito propio e irrenunciábel de ser e estar no mundo. Como surxiu o teu interese polo que fas? A curiosidade ten un papel moi importante en todo o que facemos. O encontro con persoas referentes tamén. A miña vocación como docente naceu xa no instituto precisamente grazas a profesorado referente para min. Á literatura e á escrita tam...