Ir al contenido principal

Entradas

Esta son eu Maruxa (o adeus final)

Comezaba o instituto, nova clase, novos compañeiros novos ambientes, esperaba olvidar o pasado, segundo de bacharelato era unha nova expectativa, recordo ainda de cando miña moza, morrera e logo miña avoa me decía -Maruxa, iso pasache por seres diferente, se foses como os demais non pasaba nada. E eu non estaba disposta a ser unha mais, estaba disposta a honrar a memoria da miña moza a que os radicais mararon polo feito  de ser lesbiana, cada día, de camiño a casa, paso polo carón do cemiterio e vexo sua lápida, sentome no cespede, e escoito como o vento arremuiña as follas das arbores, como se Xiana me estivese falando, dende o outro mundo, eu chorando, cada día falaba coa fotografía da lapida preguntaballe que tal lle fora o día e deixaba que o vento fose a resposta, despois eu contaballe como me fora a min o día, co paño nunha man para cada cez que unha bagoa me percorría as meixelas poder secala. ...

(Artículo) Arde o mundo e non só o amazonas

Na actualidade moito se fala de cambio climático, do aumento das temperaturas, do aumento do dioxido de carbono, a deforestación e demais causas relacionadas co cambio climático, pero este mes de agosto do 2019 foi unha bomba para o planeta cando de incendios falamos. Comezando polo Amazonas, eses incendios, con mais de 83000 focos, mais do dobre que o ano pasado, arrasan esta selva con toda a sua biodiversidade unica e con todas as tribus indias que se atopan dentro da mesma, producundo así un desprendemento de dioxido de carbono sin precedentes, despois de arder mais de un millón de hectáreas. Estes incendios, ainda que este ano sexan moitos mais, é algo que ocorre cada ano no amazonas, pero, de quen é a culpa? Quen está detrás? A resposta é sinxela, Bolsonaro chegou ao poder en brasil grazas aos madeireiros e grandes agricultores, e porqué lles interesaba iso? Porque unha das principais propostas do Actual presidente de B...

(Artículo) Falando de África e oriente medio con ironía

A diario escoitamos que África e moi pobre, que so hai fame, enfermidades e tamén as guerras e a represión de oriente, moitas veces dito por nos, pensando que os países desenvolvidos deben axudalos e que en Oriente acaben coas guerras para parar o fluxo de refuxiados que escapan de alí. Vamos ir pouco a pouco, primeiro coa afirmación das persoas de que África e pobre e dalguns gobernos desenvolvidos que din que queren axudalos. África foi unha colonia de numerosos países de Europa e estes usaban estas terras e os que alí vivían ao seu antoxo, conseguindo ampliar seus países, e man de obra barata ou gratuita polos recursos que alí hai. E segue habendoos, África e quizais un dos continentes mais ricos en moitas materias primas que os países obteñen de alí se non é gratis, case, diso aprobeitanse os países desenvolvidos e as grandes empresas que aforran moito facendo iso en África, pero no...

Entrevista a Fatima Pego (Cantante)

 Cando surxiu o teu amor pola música? O meu amor pola música venme de familia, eles foron quenes me transmitiron esa paixón. Desde ben pequena comecei a cantar, en pequenos coros, e logo xa en concursos. Como vía que a paixón ía a mais, decidín estudiar canto...e así ata hoxe...non sería capaz de vivir sen música. 2- Porque formacións pasaches? Comecei na Orquesta Suavecito, Orquesta Palladium, e logo estiven na Orquesta Paris de Noia. 3- En cal estás agora? Actualmente, formo parte da Orquesta Panorama. 4- Algún proxecto en solitario? Cal? Si, ademais da orquesta, tamén actúo en solitario.  Este ano tamén tiven o placer de colaborar con Dj Son1c, xuntos sacamos a canción “Festa Rachada”. 5- Hai fatima pego para rato? Por suposto..! 6- Dende cando estás na televisión e cando surxiu iso? Eu estudiei Comunicación Audiovisual, polo que desde que rematei a carreira estiven vinculada, dun xeito ou doutro, á televisión. Desde fa...

(Lenda) os galegos que conquistaron Gales

Ola, a historia é longa de máis. Brevemente, conta como o príncipe grego Gatelo -fillo do rei de Atenas- viaxa a Exipto e alí casa con Scota, filla do Faraón. Gatelo e Scota abandonan Exipto cun grupo de gregos e de exipcios e viaxan polo Mediterráneo até chegaren á península ibérica. Alí Gatelo funda en Lusitania a cidade de Portus Gatelus (Porto), do nome da cal deriva o de Portugal. Despois continúan a viaxe até a Galiza, onde Gatelo funda Brigancio, identificada por diversos autores con Compostela, Betanzos ou A Coruña. En Brigancio Gatelo instala a capital do seu reino e fai uso da Pedra do Fado para gobernar. Os dous fillos de Gatelo -Hibero e Emeco- conquistan Irlanda e instauran na illa unha liñaxe de reis galegos. Décadas despois un deses reis, Simon Breco, levou a Pedra do Fado dende Brigancio até a Irlanda e colocouna en Tara, a capital da realeza galaica na illa. Finalmente, moitos ano...

Entrevista ao ilustrador Kiko dasilva

Como che surxiu a curiosidade pola ilustración? Persoalmente creo que todos temos dende cativos interese por debuxar, é só que algúns non deixamos de facelo. Eu dende neno sentín no acto de debuxar algo máxico, poder crear o que un quere só con imaxinalo.  Debuxar debería tomarse máis en serio na educación. É un dos sistemas de comprensión, memorización e análise  da realidade que máis se achega ao sistema de almacenamento de imaxes que usa o noso cerebro. Se debuxamos as cousas entendémolas e lembrámolas con moitísima máis precisión que se só a observas. Vivimos nun mundo cheo de imaxes, e non ensinamos á sociedade a traducilas e a comprendelas na súa totalidade. Niso estamos moi atrasados. A ilustración profesional descubrina a medida que ía aprendendo e facéndome profesinoal do medio. É un trballo moi estimulante, pero só é realmente válido para aquelas persoas que disfruten e lles apaixoe realmente o debuxo como para estar 10 ou 12 horas diarias debuxando e...

Entrevista A o leo de Matama

A túa actividade é ser cantante verdade? Si, é a principal, intentei ser actor e poeta pero diso xa fai moito tempo Todo o que cantas é composto por ti? As letras si, e molame moito traducir pezas coma ximnasio, e despois tamén fago per-versións Volverías tentar ser actor? Si, fai un tempo fixemos non saimos do lixo, a primeira webserie en galego e servidume tm, e agora estou facendo un proxecto cun colega, aos bluesmen o que nos move son as ansias de actuar, non distinguimos pezas Que supón crear esa primeira webserie? Unha epoca moi divertida na que fixen  colaboracións con DAS KAPITAL con Marcos Paino e Agit Pop Sintes que coas tuas letras axudas a sociedade? Polomenos dou batalla, teño seguidores de 4 anos que lle piden as suas nais que cando comeza o colexio lle coloquen os instrumentos como os teño colocados eu na monobanda, e iso merece moito a pena e é super emotivo Daste conta de que coas túas actuacións aislas ao público de seus problemas? Vaia, nun...