Ir al contenido principal

A transición Española

Neste artigo recollense as historias de varias persoas que viviron esa epoca e de todo o que aconteceu neses anos

Creo que en moitas ocasións fálase de que foi unha época luminosa. Imaxino que por contraste co tempo anterior, que máis gris non podía ser.
Eu vía a sociedade moi constreñida nas costumes, moi pechada, moi pouco aberta a cambios. Especialmente nas pequenas vilas.E moito franquismo, dese que está na raíz dos corpos, dese que aínda está presente en moitas cabezas.
Cando digo franquismo, digo esa interiorización da represión. Non era só que viñesen os grises mallar en nós nas manifestacións, ou que aínda houbese tantas cousas prohibidas.

Era o franquismo nas cabezas, a xente tratando de controlar unha a outra.É unha pregunta tan aberta que me custa un pouco responder...O da liberdade social depende un pouco de onde vivises, xa sabes. A presión social non é a mesma nunha pequena vila que nunha cidade. Non o é nin a presión social real, exercida pola xente, nin a que ti percibes/imaxinas.Liberdade política... Bueno, empezou a haber partidos de todo tipo, e cando legalizaron o PC xa parecía o máximo...

Pero como te moveses un pouco enseguida estabas na dianaFAlo, por exemplo, de persoas que se mostraron activas contra proxectos agresivos, como o tema das Encrobas, ou a celulosa de Ponteceso. Recibían ameazas, chamadas...eu imaxino que estarían fichadas, tamén, igual que antesOs LGTB era un tabú total, algo do que só se falaba en determinados círculos.Había moito rexeitamento social cara ese tipo de opcións. Foron moitos anos de adoutrinamento.

Os dereitos das mulleres...bueno, o dereito do aborto a min chegoume tarde, por exemplo. Funme ao estranxeiro, igual que moitas compañeiras.Por exemplo, a nivel bancario, aínda que houbo un momento no que as mulleres tiñan os mesmos dereitos que os homes, á hora da verdade no banco querían a firma do home. Xa non era unha cuestión legal, era unha cuestión de machismo do persoalEn canto ás costumes sexuais, unha muller que se saíse un pouco do establecido (parella, casar...) era moi mal vista nas pequenas vilas. Romper con iso custou un montón.Para declararse homosexual, para saír do armario, había que botarlle un par de collóns. Para as lesbianas era aínda máis difícil.

Por outro lado, había unha aparente apertura nas revistas e medios, pero era un pouco como un escaparate, algo afastado da realidade (polo menos do rural). Aceptábase que houbese eses personaxes públicos, que graciosos, que simpáticos, que atrevidos. Pero o meu fillo/a miña filla, non!Creo que o franquismo aínda está en moitos cerebros.
E se fose só nos cerebros...

A economía do noso país está controlada pola mesma xente, ao final.
Acaba de saír un libro que se chama "Franquismo, SA", que o explica moi ben.Con respecto ao tema LGTB penso que se avanzou moito, e que agora a maioría asume como algo normal e natural que o seu fillo ou a súa filla podan ter distintas opcións sexuais, podan querer cambiar o seu sexo para adaptar o físico ao que senten...

Nas escolas tamén se nota, en moitas trátase o tema e fanse obradoiros sobre el. Algo impensable (ou anecdótico por completo) hai 30 anosPero si, aínda estamos en transición. O franquismo está na economía, en certas costumes, nas cabezas da xente, na policía, na xudicatura, en Vox, no PP...Mortos e palizas. No 76-77-78...os guerrilleros de Cristo Rey andaban pola Coruña como pericoporsucasaOu o caso Almería, que foi un auténtico escándalo, e ao final fóronse de rositas...Nos sucesos de Vitoria foron asasinadas varias persoas.

Creo que ninguén pagou por iso.Con todo, na educación hai moitas cousas que dependen de que profe che toque, da súa sensibilidade, apertura de mente e respecto polas demais persoas...No ano que morreu Franco aínda tiñamos Formación del Espíritu Nacional como materia, claro.

Despois desapareceu.Pero en COU as rapazas tiñamos cousas que non tiñan os rapaces, a min aínda me tocou facer a "canastilla". E tiñamos unha materia, non lembro como se chamaba, pero podería chamarse perfectamente "Se boa ama de casa e faille ao teu home comidiñas ricas"Nutrición e receitas.Hoxe o adoutrinamento é en capitalismo. Descarao. Pero, insisto, depende de que profe che toque.Na escola eu non collín xa o galego. Por suposto, era todo en castelán.

Despois de morrer o vello, na facultade había un pouco de todo, profes que falaban en castelán e algúns que metían un pouco de galego, pero eran os menos.E a relixión (a católica, por suposto), non lembro ata que ano foi obrigatoria, pero penso que cando empecei a traballar como mestra aínda o era. Ou, se non, non había unha alternativaNa actualidade, a relixión está en tódolos centros. Aínda que só haxa un alumno en cada grupo que opte por ela, ten que haber un profe de relixión para ese alumnado.

E no bacharelato ten moita tela, porque hai centros nos que para escoller determinadas optativas tes que escoller tamén relixión, si ou si.Por non falar de que a relixión puntúa para a media que levas á selectividade, e normalmente póñenche un 10. A alternativa á relixión non puntúa.A igrexa aínda conserva moito do poder que tivo no franquismo. Igual que o resto de poderes desa época...

Comentarios

Entradas populares de este blog

(Entrevista ) Fundación Uxío Novoneyra

-A que se debe o nome da fundación? Debese ao gran poeta e escritor Uxío Novoneyra -E a que se dedica a fundación , cales son as suas funcios? Dinamizar o legado de Uxío e a súa casa museo. -Pero a parte diso sodes encargados doutras cousas ? Si, dos seus eidos , dos arquivos, a biblioteca e a pinacoteca. -Imaxino que a maior parte dos arquivos eran del? Si , como non -Pero tamén sodes moi importantes para o galego e a cultura galega , porqué  motivo? Realizamos proxectos de innovación da cultura galega. -E tamen no exterior? Si , tamén facemos un gran traballo para a internacionalización do galego e da súa cultura , xunto con coñecementos de Uxío e que transpasen as fronteiras nacionais e internacionais. -E realizades moitas actividades e programas? Si , temos unha programación de vangarda , sobre todo poética, cremos que a poesía e algo moi importante agora como tamén o era no seculo...

Entrevista ao grupo Odaiko

-Como se describe o estilo de música que facedes? Difícel de respostar, non temos un estilo definido, o que sí estamos todos dacordo en que é unha maneira de acercala a percusión á xente, algo que para todos nos é unha prioridade. -Creedes que lle chega ao público?  Definitivamente sí,  só hai que ver a resposta en cada concerto do público participando de forma activa e como nos transmiten a súa cercanía e simpatía o finalizar os mesmos.  -que cousas curiosas vos pasaron durante as vosas actuacións?  Olvidársenos instrumentos...  darnos a risa durante algunha actuación fruto da naturalidade e cercanía característica dos nosos espectáculos... que nos agasallasen algo... pero... hai momentos, que son verdadeiramente entrañables. Recientemente, en Guitiriz, contábannos como unha das canción de Camiño de volta, o noso espectáculo con Vanesa Muela, que fala sobre un muiñeiro, evocáballe ao recordo do seu avó a unha das nosas espectado...

Entrevista a escritora Mercedes Queixas

Que ramas da cultura tocas ti? O meu traballo cultural céntrase na palabra literaria, ora como autora ora como Secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Intentache outras actividades culturais? Interésanme todas as manifestacións e expresións culturais como espectadora, como interlocutora, como destinataria, mais non cheguei a exercer ningunha. Como te decribirías? Unha traballadora da palabra de noso que acredita en que o ensino e a cultura son radicalmente transformadoras para o necesaro avance da sociedade. Que supón para tí Galicia? Un xeito propio e irrenunciábel de ser e estar no mundo. Como surxiu o teu interese polo que fas? A curiosidade ten un papel moi importante en todo o que facemos. O encontro con persoas referentes tamén. A miña vocación como docente naceu xa no instituto precisamente grazas a profesorado referente para min. Á literatura e á escrita tam...