Ir al contenido principal

Entrevista a actriz Susana Sampedro

Dende cando sabes ao que te queres dedicar? 
Eu souben que quería ser actriz dende moi nena, e tiven sorte de sabelo, porque puiden ir buscando a formación que máis me interesaba, e ir coñecendo a profesión
Cal foi teu primeiro papel máis importante? 
Fixen episódicos e papeis pequenos, pero eu considero que o meu primeiro traballo importante foi o papel de Erea na serie O Faro. Estar nesa serie foi unha aprendizase brutal e unha etapa xenial
Algunha vez pensache en deixalo? 
Esta profesión ten momentos moi duros, mentiría se dixese que nunca pensei en deixalo, pero esas etapas hai que pasalas, porque é unha profesión con moitos altos e baixos
Algún talento máis? 
Encántame cantar, levo desde os 16 anos cantando en grupos, hai tempo que non me subo a un escenario porque non tiven moito tempo, pero é algo que non quero deixar aparcado 
Unha reflexión? 
Cada proxecto que comezo éncheme de ilusión, desfruto moito do meu traballo e tiven a gran sorte de poder encarnar personaxes brutales e marabillosos
Que pensas da humildade de todos os personaxes públicos? 
A humildade é una virtude que deberiamos traballar todas as persoas, independentemente da profesión á que te adices.
Non creo nin penso na fama, o que me importa realmente é o traballo de actriz

Algún novo proxecto? 
Agora mesmo estamos rematando de gravar a serie Do dereito e do revés, retomamos a obra de teatro Idiota para o ano que ven, e algunha cousiña máis hai...
Soes ler ou escribir? 
Intento semore sacar un tempiño para ler, é unha das poucas cousas que máis me abstraen e me relaxan. 
Xubilaraste ou serás actriz ata o final? 
Xubilar??? Mimá! Se acabo de empezar coma quen di! Hai Susana para moooiito!!! Ou iso espero:)
Desexo para 2020
Ao 2020 só lle pido ser feliz, coas cousiñas que me veñan:)))

Comentarios

Entradas populares de este blog

Entrevista a Guido Álvarez Parga

En que proxectos colaboras na actualidade? Dende o mes de xaneiro estou integrado na Lug Open Factory (na rúa Pintor Corredoira), desenvolvendo un proxecto persoal relacionado co turismo. Alí colaboro ca xente do coworking, nas actividades do centro, no proxecto Atlantic Hubs, e sobre todo cos compañeiros da incubadora de ideas.  Para o mes de setembro teño tres propostas de traballo moi interesantes e agora estou en proceso de reflexión sobre que decidir. Como sabes, tamén colaboro en radio e en prensa escrita. En que xornais podemos lerte? Dende o 2013 en Galicia Confidencial, e dende este ano tamén en Lugo Xornal e no diario El Progreso. Tes algún blogue propio? Teño un sitio web persoal no que comparto os artigos que escribo para os xornais nos que colaboro, os programas de radio nos que participo, e en xeral todo tipo de reseñas sobre o meu traballo e proxectos nos que estou inmerso en cada momento. O enderezo é  www.guidoalvarezparga.com Como comezou o teu i...

Una mariposa en tu camino

 Hoy os venimos a traer la historia de esta curiosa página en la que puedes encontrar todo tipo de joyas relacionadas con la naturaleza. Podeis encontrarla en @bolboretas.no.caminho en Instagram y ver como efectivamente son piezas únicas y elaboradas a mano. Su último complemento lo podéis ver, la mascarilla? No, la mascarilla no va incluída, pero si el enganche de la mascarilla personalizado. Este podría ser un anuncio de la teletienda, pero no lo es, es una iniciativa de una estudiante, que, en estos tiempos difíciles ha decidido innovar y llevar a cabo este proyecto para poder estudiar lo que desea. Son muchos los proyectos que realizan los estudiantes para ganar algo de dinero, pero este es 100% natural y totalmente concienciado y ambientado en la naturaleza y una atención durecta y cercana por parte de los administradores de la página.

(Entrevista ) Fundación Uxío Novoneyra

-A que se debe o nome da fundación? Debese ao gran poeta e escritor Uxío Novoneyra -E a que se dedica a fundación , cales son as suas funcios? Dinamizar o legado de Uxío e a súa casa museo. -Pero a parte diso sodes encargados doutras cousas ? Si, dos seus eidos , dos arquivos, a biblioteca e a pinacoteca. -Imaxino que a maior parte dos arquivos eran del? Si , como non -Pero tamén sodes moi importantes para o galego e a cultura galega , porqué  motivo? Realizamos proxectos de innovación da cultura galega. -E tamen no exterior? Si , tamén facemos un gran traballo para a internacionalización do galego e da súa cultura , xunto con coñecementos de Uxío e que transpasen as fronteiras nacionais e internacionais. -E realizades moitas actividades e programas? Si , temos unha programación de vangarda , sobre todo poética, cremos que a poesía e algo moi importante agora como tamén o era no seculo...