Ir al contenido principal

Entrevista a The Broke Band

Cando empezastes a facer música?
Pois máis ou menos todos na mesma época, tendo en conta a nosa diferencia de idades, pero digamos que a época do instituto foi cando todos os membros empezaron co instrumento pola súa conta. O batería e o guitarra solista levan tocando xuntos xa por máis de 20 anos, e co cantante xa dende 2007. O baixista é o "novo" da formación. 
Data da formación do grupo?
A formación do grupo data de comezos de 2016, ahí completouse a formación, pero dende 2015 os dous guitarristas e o batería xa empezamos a explorar novos sons, tras saír dunha banda cun estilo más metal. Coa incorporación de Jose ó baixo pechamos a formación e puxo a súa parte no que xa estaba feito, ademáis de dar un punto de vista diferente que terminou por dar nome o estilo "Broke´n´Roll". 
Pezas máis famosas?
Polo de agora, levamos unha traxectoria curta, na que quizáis "Sixty Seconds" grabada en Litium Records en directo no ano 2018 é o tema que máis alegrías nos está a dar, con moi boas críticas.
Sen embargo, cada canción é especial e transmite unhas sensacións que cada un interpreta a súa maneira.  
Actuacións máis especiais?
Pois ata o de agora quizáis o Castelo Rock 2019, ó que accedemos tras gañar o Concurso de Bandas, foi unha gran experiencia en tódolos sentidos: a gran organización do festi, as bandas que compoñían o cartel, a cantidade de público. É un festival que ninguén debería perderse.
Novos proxectos ou actuacións?
Temos unha primeira metade de 2020 repleta de cousas!
Primeiro rematar o noso primeiro EP, que levará por título "The Monster", que estará listo para o arranque da xira de presentación, que comeza o 21 de Marzo na Sala Ruido (Ferrol) e que nos levará a A Coruña (Sala MalaVida, Filomatic), Pontedeume (Guión Club), Lugo (Clavicembalo) e Cangas (SalaSon), compartindo moitas das datas con Dreams of Dolly Sheep e algunha sorpresa que temos preparada.
Algunha anécdota curiosa nun concerto?7
Creo que o máis surrealista que nos pasou foi cando nos viñeron a pedir autógrafos tras un concerto nunha sala de ambiente máis comercial, non imaxinábamos que á xente lle podría gustar tanto o rock orixinal, porque se fas versións sempre tes un punto a favor xa que a xente recoñece as cancións, pero se vas a tocar de primeira impresión é difícil que se metan tanto no concerto, e aquela noite foi redonda.
Queda banda para rato?
Pensamos que sí, todos os membros estamos moi involucrados, xa nos somos rapaces de 20 anos sen responsabilidades, hai fillos, traballo, etc. Pero a ilusión que temos é inmensa, non é un sector sinxelo, prima moito ter contactos e a calidade musical non te leva sempre a ese nivel, hai que ter sorte e perseverar.
Mensaxe para todos os que vos seguen
Que se vaian preparando para o "Broke´n´Roll"

Comentarios

Entradas populares de este blog

Una mariposa en tu camino

 Hoy os venimos a traer la historia de esta curiosa página en la que puedes encontrar todo tipo de joyas relacionadas con la naturaleza. Podeis encontrarla en @bolboretas.no.caminho en Instagram y ver como efectivamente son piezas únicas y elaboradas a mano. Su último complemento lo podéis ver, la mascarilla? No, la mascarilla no va incluída, pero si el enganche de la mascarilla personalizado. Este podría ser un anuncio de la teletienda, pero no lo es, es una iniciativa de una estudiante, que, en estos tiempos difíciles ha decidido innovar y llevar a cabo este proyecto para poder estudiar lo que desea. Son muchos los proyectos que realizan los estudiantes para ganar algo de dinero, pero este es 100% natural y totalmente concienciado y ambientado en la naturaleza y una atención durecta y cercana por parte de los administradores de la página.

Entrevista a la periodista Ángeles Cortina

-¿Cómo surgió el interés y el amor por tu trabajo? Fue la casualidad, elegí la carrera de periodismo para utilizarla de pasarela (quería estudiar criminología, y en aquel momento era de segundo ciclo) y finalmente me di cuenta de que me encantaba y se me daba bien. -¿Qué es lo mejor de tu trabajo? Estar en lugares en los que sin una cámara sería imposible acceder. -¿Qué personas tienes como referencia en tu trabajo? La verdad es que no tengo referentes a los que trate de parecerme; he aprendido mucho de todos los compañeros con los que he trabajado pero creo que soy un verso libre. - ¿Escribes, cantas, pintas o practicas algún tipo de arte? Me paso el día canturreando y soy muuuy creativa, pero no suelo dedicar tiempo a pintar o escribir. Lo que se me da FATAL es bailar, el día que repartieron el ritmo no me tocó nada. -Anécdotas curiosas/graciosas que te hayan pasado realizando tu trabajo. Esta pregunta es infinita, toodos los días nos dejan aventuras y anéc...

Entrevista a escritora Mercedes Queixas

Que ramas da cultura tocas ti? O meu traballo cultural céntrase na palabra literaria, ora como autora ora como Secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Intentache outras actividades culturais? Interésanme todas as manifestacións e expresións culturais como espectadora, como interlocutora, como destinataria, mais non cheguei a exercer ningunha. Como te decribirías? Unha traballadora da palabra de noso que acredita en que o ensino e a cultura son radicalmente transformadoras para o necesaro avance da sociedade. Que supón para tí Galicia? Un xeito propio e irrenunciábel de ser e estar no mundo. Como surxiu o teu interese polo que fas? A curiosidade ten un papel moi importante en todo o que facemos. O encontro con persoas referentes tamén. A miña vocación como docente naceu xa no instituto precisamente grazas a profesorado referente para min. Á literatura e á escrita tam...