Ir al contenido principal

(Entrevista) Son Da Rúa

- Canto tempo levades na escena músical? 
Pois comezamos a dar concertos xuntos fai case tres anos aprox, mais como grupo (SonDaRúa) levamos un pouquiño máis de dous anos.
-Algún cambio importante dende os vosos inicios?
Cremos que principalmente o que mudou dende os nosos comezos, é que estamos tratando de ir mellorando pouco a pouco na calidade e a profesionalidade do que facemos, xa sexa a nível de gravacións, audiovisual, etc... e tamén consideramos que a día de hoxe temos un directo moi potente que nos respalda.
-que vos di o público da música que facedes?
En termos xerais que se sinten representados co que dicimos nas nosas letras, e que valoran moito a música que facemos, tamén hai algún que outro hater que nos da forzas á súa forma (jeje)
-notades que o público vos sinte cercanos a eles?
Cremos que sí, en cada concerto tentamos conectar coa xente de forma que sintan que somos simplemente tres (non dous, que se enfada o DJ xd) colgados facendo música, mais cando baixamos do escenario somos un máis do público.

-algún novo proxecto en mente? 
Sí, estamos traballando en varios temiñas novos para darlle continuidade ao noso último traballo "Liberando Mentes", que lanzamos en formato EP.

-sirven vosas letras para intentar cambiar a sociedade? 
Non sabemos se para tentar mudala, mais polo menos para que a xente que nos escuita se cuestione o sistema establecido, e a falta de democracia no estado español sí, niso estamos seguros.

-cousa curiosa que vos pasara nunha actuación?
Creo que o máis curioso pasounos en Vimianzo, nun festi polas letras galegas. Comezamos a actuar sobre as 22:30 da noite e comezou a chover a cachón, o escenario estaba moi mal protexido e comezou a mollarse todo, equipos de son, equipo do noso dj etc... Estabamos no sexto tema e de repente saltou todo e ficamos sen electricidade e polo tanto sen son, e finalmente suspendeuse o festi e non puidemos tocar. Finalmente subimos a outro escenario máis pequeno que había en fronte, e grazas a un grupiño que estaba tocando puidemos rimar un pouco por riba dunha batera e unha gaita, algho é algho ;)
-que pensades da sociedade? 
Moitas cousas, quizáis é unha pregunta que non tería unha resposta curta. Mais en resumo, que debemos mudar como sociedade a todos os níveis, educacionalmente, políticamente, en cuestións de xénero, etc... organizarnos no colectivo e non no individual, compartir e cooperativizar. 

-algunha composición ten un significado importante? 
Cada unha ten un significado propio, mais os dous cremos que "Meio tolos", polo que supuxo para nós escribilo sendo un tema tan íntimo.

Moitas grazas polo interese e pola entrevista meu, de calqueira cousa eiquí estamos. Aperta forte!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

(Entrevista ) Fundación Uxío Novoneyra

-A que se debe o nome da fundación? Debese ao gran poeta e escritor Uxío Novoneyra -E a que se dedica a fundación , cales son as suas funcios? Dinamizar o legado de Uxío e a súa casa museo. -Pero a parte diso sodes encargados doutras cousas ? Si, dos seus eidos , dos arquivos, a biblioteca e a pinacoteca. -Imaxino que a maior parte dos arquivos eran del? Si , como non -Pero tamén sodes moi importantes para o galego e a cultura galega , porqué  motivo? Realizamos proxectos de innovación da cultura galega. -E tamen no exterior? Si , tamén facemos un gran traballo para a internacionalización do galego e da súa cultura , xunto con coñecementos de Uxío e que transpasen as fronteiras nacionais e internacionais. -E realizades moitas actividades e programas? Si , temos unha programación de vangarda , sobre todo poética, cremos que a poesía e algo moi importante agora como tamén o era no seculo...

(Articulo) Para fiesta Galicia

Existe la creencia popular de que en Galicia no hay muchas fiestas , y esa creencia se puede desmontar muy facilmente. Galicia cuenta con 9000 fiestas al al año ,la primera o la segunda región con mas fiestas de toda España solo disputando con Andalucía, cada fiesta es un gran evento ya que las orquestas de galicia son las mas grandes de España , con los 10 escenarios de orquesta mas grandes de toda España y con unos presupuestos para fiestas que rondan los 30/30mil  euros por día. La industria de la verbena genera 3000 empleos y millones de euros al año , las orquestas mas famosas son: Panorama, El combo, olympus, Paris de noia, Kubo , Charleston , La formula y así se podría seguir un día entero. Muchas de estas fiestas son dedicadas a la comida, otras a los patrones de cada parroquia , en cada gran fiesta las calles se convierten en un gran parque de atracciones que puedes recorrer y no acabar nunca. Pero hay otra gran in...

Entrevista a Xandre Organizador de Avante LGTB Galiza

Que é avante LGTBI? -Avante é unha organización formada por persoas LGBT+ que teñen inquietudes máis alá do marco de representación e visibilidade que buscan algunhas organizacións tradicionais. Nos buscamos a completa liberación do colectivo LGBT+, e comprendemos que non será posible sen darlle á nosa loita un enfoque anticapitalista, feminista e galeguista. Como chegache a ser o responsable de organización? En outubro do ano pasado realizouse en Compostela unha asemblea nacional á que asistiron membros de Avante de todas as localidades nas que estamos constituidas. Ao longo de todo un día de intensos debates definimos as liñas ideolóxicas e organizativas que seguiría Avante a partir dese momento. Ademais, co fin de funcionar de xeito máis eficiente a nivel nacional realizouse unha votación por listas abertas para escoller quen formase parte da Coordinadora Nacional. Nesa votación sa...