Ir al contenido principal

(Relato) Eu tamén conto

Chamome Xia e son futbolista, bueno ou iso quero ser , sempre que podo saio cunhas amigas xogar . Eu son mais boa ca elas , pero non llo digo porque logo non veñen, pero penso que tamen o saben.

Temos un equipo de fútbol no pobo , non é moi importante pero é un equipo , fun preguntarlle ao entrenador se podía unirme ao equipo , xa que outros equipos da categoría teñen equipos mixtos, e no meu ainda non había rapazas.

A súa reacción foi incrible , tanto o entrenador coma os xogadores, moitos, amigos meus votaronse a rir , e escoitei comentarios como "onde vas ti flacucha" "vaite planchar" "non que rompes as unllas" . Eu insistín e o meu entrenador dixome que se xogaba tiña que facelo mellor que o resto do equipo e se non ianse meter comigo .

Polo tono chulesco sabía que tiña que facelo ben , chegou o día do partido e eu empecei no banco, a medifa que ia pasando o partido , puñase mais costa arriba , ata que o entrenador me dixo "xa non hai nada que facer , gañannos por tres , asi que vas entrar, a copa xa a perdimos"

Entrei no campo e o primeiro balon que toquei ao intentar dar o pase escorreguei e caín, todo o mundo se ría , no minuto oitenta e dous marco un gol de cabeza pra facer o un a tres , no minuto oitenta e seis marco o segundo de falta  e no noventa empato o partido.
Naquel momento os que antes se estaban rindo agora estaban avergoñados , eu lograra o empate e eles sabíano, na proroga asediaron a nosa portería pero sen marcar ningún gol , so era un equipo , pero no último minuto pasanme o balón vin que o porteiro estaba adiantado e dende o centro do campo tirei con todas as miñas forzas.

Dez segundos despois rra a rapaza mais feliz do mundo, todos me abrazaban e felicitaban , despois de terme insultado e menospreciado , pero polomenos sei que lles molestaba mais a eles felicitarme , que a min recibir as felicitacións deles.

Todo o apoio a o deporte feminino , que xa dunha vez por todas debe equipararse ao masculino , hai que acabar co monopolio do deporte masculino como única opción.

Comentarios

Entradas populares de este blog

(Entrevista ) Fundación Uxío Novoneyra

-A que se debe o nome da fundación? Debese ao gran poeta e escritor Uxío Novoneyra -E a que se dedica a fundación , cales son as suas funcios? Dinamizar o legado de Uxío e a súa casa museo. -Pero a parte diso sodes encargados doutras cousas ? Si, dos seus eidos , dos arquivos, a biblioteca e a pinacoteca. -Imaxino que a maior parte dos arquivos eran del? Si , como non -Pero tamén sodes moi importantes para o galego e a cultura galega , porqué  motivo? Realizamos proxectos de innovación da cultura galega. -E tamen no exterior? Si , tamén facemos un gran traballo para a internacionalización do galego e da súa cultura , xunto con coñecementos de Uxío e que transpasen as fronteiras nacionais e internacionais. -E realizades moitas actividades e programas? Si , temos unha programación de vangarda , sobre todo poética, cremos que a poesía e algo moi importante agora como tamén o era no seculo...

Entrevista ao grupo Odaiko

-Como se describe o estilo de música que facedes? Difícel de respostar, non temos un estilo definido, o que sí estamos todos dacordo en que é unha maneira de acercala a percusión á xente, algo que para todos nos é unha prioridade. -Creedes que lle chega ao público?  Definitivamente sí,  só hai que ver a resposta en cada concerto do público participando de forma activa e como nos transmiten a súa cercanía e simpatía o finalizar os mesmos.  -que cousas curiosas vos pasaron durante as vosas actuacións?  Olvidársenos instrumentos...  darnos a risa durante algunha actuación fruto da naturalidade e cercanía característica dos nosos espectáculos... que nos agasallasen algo... pero... hai momentos, que son verdadeiramente entrañables. Recientemente, en Guitiriz, contábannos como unha das canción de Camiño de volta, o noso espectáculo con Vanesa Muela, que fala sobre un muiñeiro, evocáballe ao recordo do seu avó a unha das nosas espectado...

Entrevista a escritora Mercedes Queixas

Que ramas da cultura tocas ti? O meu traballo cultural céntrase na palabra literaria, ora como autora ora como Secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Intentache outras actividades culturais? Interésanme todas as manifestacións e expresións culturais como espectadora, como interlocutora, como destinataria, mais non cheguei a exercer ningunha. Como te decribirías? Unha traballadora da palabra de noso que acredita en que o ensino e a cultura son radicalmente transformadoras para o necesaro avance da sociedade. Que supón para tí Galicia? Un xeito propio e irrenunciábel de ser e estar no mundo. Como surxiu o teu interese polo que fas? A curiosidade ten un papel moi importante en todo o que facemos. O encontro con persoas referentes tamén. A miña vocación como docente naceu xa no instituto precisamente grazas a profesorado referente para min. Á literatura e á escrita tam...