Chamome Rulfo, Vivo nas chabolas de Rio De Janeiro co meu dono , un home que case non come nunca e vai vestido con unha roupa moi rara que está moi sucia, pero son un can , non sei de moda. Durmo nun oco que me fixo o meu dono con taboas de madeira .
Meu dono vive debaixo dun coberto mal feito con catro chapas mal postas , nun lugar polo que pasa un pequeno regato de auga , pero non se pode beber porque está moi contaminada . Morre moita xente cada día , normalmente asasinados polos que viven aquí ou pola policía .
Sempre fala meu dono de que quere ir ver mundo antes de morrer , que non quere pasar a vida sen sair dese curruncho de pobreza e peligro, soñaba con como era o mundo , se era igual co que el podía ver ou había algo mais fora esperando a que el o vexa .
Para comer algo e beber tiña que desplazarse moita distancia ata a cidade , na que pedía diñeiro tocando unha guitarra que atopara no lixo , estaba ben , pero non tiña cordas , pero el era moi habil e arreglouna .
Sentabase nun banco e poñía un gorro no chan , e estaba ali todo o día ata a hora de comer , despois ia a unha tenda de ultramarinos a comprar a comida , e logo traiame as sobras , que non soian sobrar demasiadas cousas.
Continua na parte 2
Comentarios
Publicar un comentario