Houbo un momento negro
Un momento no que se tinguiu o mar
Onde todo un pobo se uniu
Cando mais se necesitaban entre eles
As gaivotas xa non eran branquecinas
Os peixes xa non existían
As praias eran dunha espesa lama
Unha lame negra que creaba tristura
Dende outros países nos viñan axudar
Ata a realeza por ali de deixou observar
As traxedias fan dun pobo unha unión
A unión que fai que todo funcione
Que viña o lobo decían
Pero non o quixo escoitar ninguén
Que viña o lobo e o lobo chegou
Cunha couraza negra de ferro
O noso monstruo chamouse Prestige
Pero non vai ser o último
Como xa cairon outros antes
Outros cairán moito despois
Comentarios
Publicar un comentario