Como che surxiu a curiosidade pola ilustración? Persoalmente creo que todos temos dende cativos interese por debuxar, é só que algúns non deixamos de facelo. Eu dende neno sentín no acto de debuxar algo máxico, poder crear o que un quere só con imaxinalo. Debuxar debería tomarse máis en serio na educación. É un dos sistemas de comprensión, memorización e análise da realidade que máis se achega ao sistema de almacenamento de imaxes que usa o noso cerebro. Se debuxamos as cousas entendémolas e lembrámolas con moitísima máis precisión que se só a observas. Vivimos nun mundo cheo de imaxes, e non ensinamos á sociedade a traducilas e a comprendelas na súa totalidade. Niso estamos moi atrasados. A ilustración profesional descubrina a medida que ía aprendendo e facéndome profesinoal do medio. É un trballo moi estimulante, pero só é rea...
La curiosidad hace que surjan grandes proyectos y así nació este blog.