Ir al contenido principal

Entrevista a escritora Mercedes Queixas


Que ramas da cultura tocas ti?


O meu traballo cultural céntrase na palabra literaria, ora como autora ora como Secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Intentache outras actividades culturais?


Interésanme todas as manifestacións e expresións culturais como espectadora, como interlocutora, como destinataria, mais non cheguei a exercer ningunha.

Como te decribirías?

Unha traballadora da palabra de noso que acredita en que o ensino e a cultura son radicalmente transformadoras para o necesaro avance da sociedade.

Que supón para tí Galicia?

Un xeito propio e irrenunciábel de ser e estar no mundo.

Como surxiu o teu interese polo que fas?

A curiosidade ten un papel moi importante en todo o que facemos. O encontro con persoas referentes tamén. A miña vocación como docente naceu xa no instituto precisamente grazas a profesorado referente para min. Á literatura e á escrita tamén cheguei por convite de persoas referentes que sempre me animaron a superar as miñas inseguridades.

Algún novo proxecto en mente?

Nesta altura comeza a campaña de presentacións do último libro que asino en coautoría co poeta Xoan Carlos Domínguez Alberte, publicado por Edicións Laiovento, un poemario que naceu, sen prevelo inicialmente, ao longo dunha conversa de varios anos que fomos mantendo os dous a través do correo electrónico e que quere ser lembranza do joc partit das nosas cantigas medievais.

En mente e en gabetas e arquivos sempre hai proxectos, mais dos que, por pudor, nunca gusto de falar até que están ben concretos e avanzados.

Cal foi teu proxecto mais destacado?

O máis destacado para min a nivel persoal e creativo foron dous. O primeiro, a biografía da poeta viguesa María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, Vivir, aventura irepetíbel, que escribín a partir de múltiples conversas con ela propia e viu a luz na editorial Galaxia. O segundo, o relato infantil Xanda, a landra que quería voar, editado en Urco, que me permitiu partillar ilusións e soños de novo co público infan

Comentarios

Entradas populares de este blog

(Entrevista ) Fundación Uxío Novoneyra

-A que se debe o nome da fundación? Debese ao gran poeta e escritor Uxío Novoneyra -E a que se dedica a fundación , cales son as suas funcios? Dinamizar o legado de Uxío e a súa casa museo. -Pero a parte diso sodes encargados doutras cousas ? Si, dos seus eidos , dos arquivos, a biblioteca e a pinacoteca. -Imaxino que a maior parte dos arquivos eran del? Si , como non -Pero tamén sodes moi importantes para o galego e a cultura galega , porqué  motivo? Realizamos proxectos de innovación da cultura galega. -E tamen no exterior? Si , tamén facemos un gran traballo para a internacionalización do galego e da súa cultura , xunto con coñecementos de Uxío e que transpasen as fronteiras nacionais e internacionais. -E realizades moitas actividades e programas? Si , temos unha programación de vangarda , sobre todo poética, cremos que a poesía e algo moi importante agora como tamén o era no seculo pasado e nos anteriores. -Cal é o voso rádio de acción mais cercano e no que mais actua

Una mariposa en tu camino

 Hoy os venimos a traer la historia de esta curiosa página en la que puedes encontrar todo tipo de joyas relacionadas con la naturaleza. Podeis encontrarla en @bolboretas.no.caminho en Instagram y ver como efectivamente son piezas únicas y elaboradas a mano. Su último complemento lo podéis ver, la mascarilla? No, la mascarilla no va incluída, pero si el enganche de la mascarilla personalizado. Este podría ser un anuncio de la teletienda, pero no lo es, es una iniciativa de una estudiante, que, en estos tiempos difíciles ha decidido innovar y llevar a cabo este proyecto para poder estudiar lo que desea. Son muchos los proyectos que realizan los estudiantes para ganar algo de dinero, pero este es 100% natural y totalmente concienciado y ambientado en la naturaleza y una atención durecta y cercana por parte de los administradores de la página.

Entrevista a Xandre Organizador de Avante LGTB Galiza

Que é avante LGTBI? -Avante é unha organización formada por persoas LGBT+ que teñen inquietudes máis alá do marco de representación e visibilidade que buscan algunhas organizacións tradicionais. Nos buscamos a completa liberación do colectivo LGBT+, e comprendemos que non será posible sen darlle á nosa loita un enfoque anticapitalista, feminista e galeguista. Como chegache a ser o responsable de organización? En outubro do ano pasado realizouse en Compostela unha asemblea nacional á que asistiron membros de Avante de todas as localidades nas que estamos constituidas. Ao longo de todo un día de intensos debates definimos as liñas ideolóxicas e organizativas que seguiría Avante a partir dese momento. Ademais, co fin de funcionar de xeito máis eficiente a nivel nacional realizouse unha votación por listas abertas para escoller quen formase parte da Coordinadora Nacional. Nesa votación saímos escollidas 7 persoas, e máis tarde sumouse unha persoa extra por cada localidade a modo de repr