Chamome Sara, vivo no norte de Lugo, na conarca da Mariña, unha terra fermosa, verde e inspiradora. Coma Irlanda, pero máis ao sul. Aquí vivo ben acompañada, coa miña parella e o meu coelliño Tambor. Sei que nun futuro, sen dubida, seguirei aquí, vivindo sexa como sexa, por moi complicada que me poñan a vida. Os días son paz, vou aos verdes montes, e escoito o que din as arbores, o seu siseo, movidas polo vento, os esquíos, as pombas, en definitiva, un paisaxe idílico e tranquilizador no que poder durmir mellor que en calquera cama. A primeira vez que conseguín ver, foi aquí, na praia, en Lugo, ata os 13 anos era case cega, non podía ver, pero grazas a moita axuda de moitas persoas a duns médicos incribeis logrei ver. Antes só imaxinaba, o mar, como ule, ule a tranquilidade, a vida, e soa, soa a deuses e vikingos, se escoitas ben, xuraría que ata os podes escoitar. Pois naquel momento, un 27 de abril, sacaronme aquela venda, que para min eran cadeas que prendían a miña alma e vin, core...
La curiosidad hace que surjan grandes proyectos y así nació este blog.