Estiven mirando estes días nesa rede de escritores e lectores a veriedade de idiomas que teñen dispoñibles para escribir un libro.
Eran mais ben tirando a poucos idiomas , sendo unha rede que pretende crear cultura parece que neste sentido busca a perda da cultura idiomatica.
Por iso decidin nestes días que vou crear un concurso so de libros en galego en dita rede, e irei publicando o nome dos autores que en wattpad escruben en galego e como son as súas historias .
Tamen me queixarei a wattpad para que incluia moitos mais idiomas .
En que proxectos colaboras na actualidade? Dende o mes de xaneiro estou integrado na Lug Open Factory (na rúa Pintor Corredoira), desenvolvendo un proxecto persoal relacionado co turismo. Alí colaboro ca xente do coworking, nas actividades do centro, no proxecto Atlantic Hubs, e sobre todo cos compañeiros da incubadora de ideas. Para o mes de setembro teño tres propostas de traballo moi interesantes e agora estou en proceso de reflexión sobre que decidir. Como sabes, tamén colaboro en radio e en prensa escrita. En que xornais podemos lerte? Dende o 2013 en Galicia Confidencial, e dende este ano tamén en Lugo Xornal e no diario El Progreso. Tes algún blogue propio? Teño un sitio web persoal no que comparto os artigos que escribo para os xornais nos que colaboro, os programas de radio nos que participo, e en xeral todo tipo de reseñas sobre o meu traballo e proxectos nos que estou inmerso en cada momento. O enderezo é www.guidoalvarezparga.com Como comezou o teu i...
Comentarios
Publicar un comentario