Un día pola tarde uns rapaces dixeronme que querían falar conmigo e coñecermonos , eu díxenlle que falabamos a tarde , e así foi , a tarde quedamos alí cerca do instituto para coñecermonos.
Ao principio foron moi amables pero despóis comezaron a facer comentarios realmente molestos sobre o meu físico pero no momento non me preocupei por nada . Despois un deles dixome para ir a súa casa para coñecerme mais e eu díxenlle que non que xa chegara aquel día .
So recordo que naquel momento empezou a darme unha longa malleira de dez largos minutos ao que non lle pareceu suficiente ainda ("") Despois diso recordo estar nun hospital , creo que era a UCI pero non o sabería decir. .
Estaba cuberta de sangue e con cortes e golpes por todo o corpo , entrou un medico e pregunteille se me ía poñer mellor , a resposta del fixose esperar escondida detrás dun telón tupido de silencio .
Dixome que tiña as dúas pernas rotas e que probablemente non volvería andar , pero iso non foi o peor , o peor e que dixo que me tiveran que dar a pilula do día despóis.
Pasaron tres semanas ata que saín daquel inferno , para entrar no sepulcro que para min era o instituto , agora pra mais en cadeira de rodas. Pero na mirada dalgunha xente algo cambiara, observei nas súas miradas que alguns recapacitaran.
Comentarios
Publicar un comentario