Ir al contenido principal

Relato--Salvando o Mundo


Xa facían dous meses que aquelas bombas caeran sobre a illa, arrasandoo todo, todo porque o noso goberno se opuxo a colonización das principais potencias Mundiais. Nos sobrevivimos baixo terra, en bunquers, e estabamos comunicados por radios por satélite, eran dous bunquer, no interior dos montes pondais. Seríamos como moito 50 persoas as que quedamos vivas despois daquel ataque, e segundo as señais das radios as grandes potencias tiñan illado todo o noso territorio sen deixar que ninguén entrase a ver se quedaba ratro de vida.
Xusto no día no que se cumpriron dous meses, decidimos sair, a medida que nos achegabamos a entrada dabamonos conta de que tiñamos medo, medo do que nos iamos atopar fora. Abriuse, e caeron varias pedras que estaban apoiadas contra a entrada,entón entrou a primeira claridade que vimos despois de dous meses, polo que nos custou asimilala.
Despois comezamos a sair, de un en un e a imaxen coa que nos atopamos era aterradora. Dos edificios só quedaba a estructura de ferro na zona donde caeron as bombas, non había estradas, non había nada máis que un deserto de area que o cubría todo menos os ferros oxidados dos edificios. A natureza intentabase facer ver por entre a area con pequenos brotese as enredadeiras colonizaban calquera estructura aínda existente.
Comezamos a movernos para atopar a quen estaba no outro bunquer, ao outro lado da illa, pero era difícil avanzar, o barro facía complicado poder andar con firmeza e as bombas modificaron o relevo, creando novas montañas e depresións. Nada quedaba do barullo do tráfico, de miles de persoas polas rúas, as sereas de policía... Nada, un deserto de silencio.
A medida que nos alonxabamos do epicentro das  explosións, había máis estructuras en pé, quedaba algunha ponte, algún edificio, pero dos coches que alí se apilaban, de todas as persoas que intentaron fuxir, só quedaba o chasis. Cruzar a pé a illa levarianos moito tempo, porque nada quedaba que nos puidese servir de transporte. Os trens descarrilaron, pero as vías estaban intactas, e sabíamos que seguindo as vías, chegariamos ao outro búnker.
Facía dous días que a radio por satélite non funcionaba, sería cousa do bloqueo dos outros países, pero podíamos seguir escoitando o que decían os xefes militares que controlaban que ninguén se achegase a illa. A noite era máis noite sen a iluminación que alumeaba as rúas, levabamos un día sen comer, porque xa se nos acabaran as provisións, así que decidimos parar por esa noitea descansar antes de seguir ao día seguinte.
Ao terceiro día xa non podiamos máis, cando chegamos ao bunquer atopamos unha imaxe grotesca e triste, non quedaba ninguén vivo, todos estaban tirados no chan. De súpeto soou a radio, dous elicopteros militares dun dos países que era aliado do noso tentaban entrar no noso espacio aereo, pero as ordes foron firmes, derribar os dous elicopteros. Non sabemos que pasou, só que dous días despois non tiña chegado ninguén a por nos, cinco días sen comer  nin beber, e fora da nosa fronteira comezara unha guerra a escala maior, todo por causa da medida social do noso gobernador.
Miro cara atrás e non quedaba ninguén, todos faleceron, menos eu, pero pouco me quedaba, caín ao chan, sen forzas. Quedei mirando ao ceo, e arriba, moi lonxe víase de vez en cando un avión militar e algun misil dirixindose dun país a outro, ata que, todo foi escuridade, xa non era eu, podía ver o meu corpo alí tirado na area, morrera? Ou só tiña alucinacións? Sen contalo vía imaxes do tempo indo cara atrás, cunha voz moi forte que decía "evitao" ata que espertei sobresaltado, estaba vivo, e no meu corpo, saio correndo, vou a cociña e poño a televisión. A conferencia do gobernador para falar sobre a colonización ainda era en dúas horas, podía evitalo, era iso ao que se refería a voz.
Fun correndo ata o palacio da gobernación, pero como ía entrar? Ocorreuseme unha idea, fun ara o museo de historia política, esa semana tiñan unha exposición de traxes de gobernadores de diferentes países, e casualmente, eu era parecido ao ministro de exteriores Brasileiro. Entrei na zona de almacenamento e de milagre Sain sen ser visto, vestinme e chamei a dous amigos, que tiñan unha limusina, e dixenlles que lle puxeran unhas bandeiras brasileiras.
Así foi como cheguei a o palacio, e conseguín entrar, porque claro, quen lle vai decir que non a un diplomático? Fun pasando de sala en sala, de correfor en corredor ata chegar ao salón presidencial, e alí pedinlle que só podíamos estar eu e el, dixenlle todo o que me acontecera e dixome que estaba tolo, pero que un tolo non faría todo o que fixo el para chegar a xunto o presidente.
Chamou ao presidente da China, Rusia, India, Irán, Xapón e Corea do Sur, todos se puxeron da súa parte e as catro da tarde, cada un dos presidentes saíu no seu país a dar a mensaxe de que ninguén ía por un só dedo enriba do noso país despois de descubrir a grande cantidade de recursos mineiros e petrolíferos que se descubriran, foi así como varias horas despois, os países aliados que tentaban colonizar o noso, lanzaron a mensaxe de que esta vez non ían intervir o noso país como xa tiñan feito con moitos outros antes.
Bueno, salvei o mundo e o noso país, sintome orgulloso, e o presidente fixose moi bo amigo meu, que magoa que non utilizase esa amizade para sacarme do carcere por roubar un valiosisimo traxe militar brasileiro, bueno, terei que estar dous meses no carcere, ao final nun soño ou na vida real ía acabar dous meses clausurado, parece que foi o destino.

Comentarios

Entradas populares de este blog

(Entrevista ) Fundación Uxío Novoneyra

-A que se debe o nome da fundación? Debese ao gran poeta e escritor Uxío Novoneyra -E a que se dedica a fundación , cales son as suas funcios? Dinamizar o legado de Uxío e a súa casa museo. -Pero a parte diso sodes encargados doutras cousas ? Si, dos seus eidos , dos arquivos, a biblioteca e a pinacoteca. -Imaxino que a maior parte dos arquivos eran del? Si , como non -Pero tamén sodes moi importantes para o galego e a cultura galega , porqué  motivo? Realizamos proxectos de innovación da cultura galega. -E tamen no exterior? Si , tamén facemos un gran traballo para a internacionalización do galego e da súa cultura , xunto con coñecementos de Uxío e que transpasen as fronteiras nacionais e internacionais. -E realizades moitas actividades e programas? Si , temos unha programación de vangarda , sobre todo poética, cremos que a poesía e algo moi importante agora como tamén o era no seculo...

(Articulo) Para fiesta Galicia

Existe la creencia popular de que en Galicia no hay muchas fiestas , y esa creencia se puede desmontar muy facilmente. Galicia cuenta con 9000 fiestas al al año ,la primera o la segunda región con mas fiestas de toda España solo disputando con Andalucía, cada fiesta es un gran evento ya que las orquestas de galicia son las mas grandes de España , con los 10 escenarios de orquesta mas grandes de toda España y con unos presupuestos para fiestas que rondan los 30/30mil  euros por día. La industria de la verbena genera 3000 empleos y millones de euros al año , las orquestas mas famosas son: Panorama, El combo, olympus, Paris de noia, Kubo , Charleston , La formula y así se podría seguir un día entero. Muchas de estas fiestas son dedicadas a la comida, otras a los patrones de cada parroquia , en cada gran fiesta las calles se convierten en un gran parque de atracciones que puedes recorrer y no acabar nunca. Pero hay otra gran in...

Entrevista a Xandre Organizador de Avante LGTB Galiza

Que é avante LGTBI? -Avante é unha organización formada por persoas LGBT+ que teñen inquietudes máis alá do marco de representación e visibilidade que buscan algunhas organizacións tradicionais. Nos buscamos a completa liberación do colectivo LGBT+, e comprendemos que non será posible sen darlle á nosa loita un enfoque anticapitalista, feminista e galeguista. Como chegache a ser o responsable de organización? En outubro do ano pasado realizouse en Compostela unha asemblea nacional á que asistiron membros de Avante de todas as localidades nas que estamos constituidas. Ao longo de todo un día de intensos debates definimos as liñas ideolóxicas e organizativas que seguiría Avante a partir dese momento. Ademais, co fin de funcionar de xeito máis eficiente a nivel nacional realizouse unha votación por listas abertas para escoller quen formase parte da Coordinadora Nacional. Nesa votación sa...